Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

24 Enero 2012

economía enerxética

as empresas enerxéticas están no centro do furacán e o cidadano non sempre acerta a comprender as súas estratexías. o normal para un negocio é facturar cada vez máis producto para acadar un maior beneficio pero no caso, poñamos das eléctricas, todas se suman a un imperativo que recomenda a séus clientes un consumo responsable e contido. en calquera sector eso sería apostar pola ruíña, pero o que fai o lobby en cuestión é moi sinxelo: sobe o prezo das unidades que comercializa, nos últimos catro anos hasta duplicalo ou triplicalo, e segue a entregar o mesmo volumen de xénero, de forma que evita acometer inversións en novas fontes de producción e diversifica cara novos clientes parte do aforrado polos clientes iniciais co que é capaz de rizalo rizo económico e presentarse ante os accionistas con resultados cada vez mellores e ante o cidadán como unha plataforma comprometida ca sosteñibilidade.

caso parello resulta das petroleiras: durante anos os xacementos de repsol, cepsa, enagás, etc esquilmaban a baixo prezo as riquezas minerais de múltiples paises, básicamente sudaméricanos. a táctica do maletín ós altos cargos das administracións funcionaba correctamente e as plusvalías de tales operativas daban para todo, dende excelentes beneficios empresarias ó accionariado ao mantemento de plantillas ben pagadas e acríticas pasando pola golosa contribución ao fisco patrio que permitía os nosos políticos encarar calquera megalomanía irracional na que propios e estranos podían enterrar as mans con codiza e rematando cunha políticas de prezos de venta ó público moi ventaxosa para a industria e os servicios, o que facía que o desenrolo e o crecemento foran moedas de troco nos dous derradeiros lustros. ahora que en moitos países productores se atenaza mellor a súa riqueza e se atan os contratos máis cortos pola entrada no xogo de potencias emerxentes necesitadas de materia prima e con boas remanencias para pagala, todo ese enorme marxe estase a reducir drásticamente. así que o non poder cargar sobre os lombos dos arxentinos ou dos bolivianos os fastos do capitalismo tramontano, as corporacións hispánicas, a fin de seguir repartíndose o pastel ca mesma fruición, toparon donde cargalo peso do seu egocentrismo: na propia cidadanía, esa que permanecía ( e permanece ) calada coma puta cando eran os outros os que puñan o pelexo a escurrir e ahora finxe non ver os devaneos guereriros en libia ou no irán.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera