Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

2 Noviembre 2011

que se mueran los feos.

si temos que facerlle caso á propaganda de certas corporacións médico-estéticas a fealdade provoca dende disminución da autoestima a problemas de nutrición e dixestivos severos, pasando pola ansiedade, a temida depresión e rematando na mismísima taquicardia e/ou en outros problemas coronarios graves, sendo unha das causas máis comúns en europa do acortamento da esperanza de vida e un dos primeiros factores de risco en potenciais tendencias suicidas, todo esto último segundo un riguroso estudo dun grupo sueco de psiquiatras comandados polo doutor patrik magnusson e publicado xá no ano 2005.

o curioso é que non é a imperfección frente a un canon unha escepción no mundo que nos rodea; máis ben a beleza, a orde, a luz, o rigor e/ou a intelixencia son as anomalías.

por eso non é de estranar que nos topemos donde nos topamos: o descalabro xenético de esta vella raza europea, ladroa e nugallá, dunha fealdade supina e aberrante, é posiblemente a culpable de toda esta hecatombe que tratan de presentarnos como mera e simple crise endémica do triste sistema capitalista.

mira os paises emerxentes, olla para esas garotas que pululan polas rúas da barra de tijuca, observa os mozos de tez aceitunada e mirada profunda de calcuta ou madrás; escoita e voz cantarina e cadenciosa dos porteños e a beleza descomunal das moscovitas en primaveira. compare o lector todo eso ca estructura cerbatana do noso candidato rubalcaba, que asemella unha cuasi copia do dómine cabra quevediano ou co zarabeto, amorfo e borbónico rajoy, ó fin un híbrido de humano e non se sabe que outra cousa, se animal rapiñeiro ou planta trepadora. obsérvese como tanto partidocracia como confederación empresarial, poltronas sindicais e vaguerías administrativas están protopreñadas dos máis horripilantes e bellacos detritus da especie, repugnantes criaturas donde os rictus e ademáns descansan desconsolados alumeando faccións netamente animais  que van dende o ollar escrutadoramente estúpido da curuxa losantiana ao grosero e bobalicón gruñido porcino de miguelangelrodríguez mentras a tv glosa banalidades pola boca maritrini de pepabueno para adormilalas conciencias carcomidas polo masivo ataque de burramia ocasionado polos sucesivos cortes do fluxo de intelixencia que algunha vez seica se tivo.

ah, nos xa fumos. ahora tócalles a eles/as!!!

nos quedarémonos ca nosa fauna, con estes enxendros do noso particular cthulhu de celebérrimos malnacidos donde despuntan os líderes de la cosa auropea como herman van rompuy ou a tremenda alta representante da política exterior miss catherine m. ashton, capaz ela sola de eclipsar  o recordo daquel fenómenal tersites que glosou homero.

como carallo vai funcionar europa con estes degenerados??? si a cara é o espello da alma, estes elementos téñena máis negra cas pedras do inferno!!! parafraseando a carlos puebla, a ue é cousa tan fea que causa risa. basta xá de sarkozys, de camerons, de almunias. que goberne outro boris vian!!!  et on tuera tous les affreux. que morran os feos!!!

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera