libia
escoitei fai uns días na radio galega pontificar sobre libia ó sr. carlos principe, exalcalde polo psoe da urbe galega máis rechamante e quedei impresionado da catadura da tropa á que confiamos as alforxas neste viaxe cara ningures. o cousa foi un excelente exemplo do nulo nivel intelectual e político da clase gobernante madeinespein, con expresións sen o máis mínimo tino e chascarrillos sonroxantes que nin o máis paleto dos médicos do sergas é capaz de reproducir sen caérselle a cara de vergoña. non soio se vía a leguas que o sr. prícipe non tiña nin idea do tema que se trataba se non que repetia de forma recurrente os eslogans televisivos como motivo central do seu debate que, como é de supoñer, non era outro que a petición dunha rauda intervención sobre o norte de africa para liberar ós cidadáns da zona das garras do tirano, do sátrapa, do terrorista.
ese infame exemplo do pediatra vigués multiplicase ahora nesa farsa congresual madrileña apuntalada por zapatero eo seu corifeo de "guerrilleras" na que por abochornante maioría se amosa o acordo de esta grande y libre á agresión contra o pobo libio por parte dun bloque militar occidental embuído nunha colosal megalomanía que disimula a duras penas o carácter imperial e colonialista duns estados anclados nunha profunda crise financieira na que os mesmos conductores do conflico nos meteron e pola que ningún pretende pagar o máis mínimo peaxe, endosándolle o cargo a un país soberano no que o nivel de vida, intelectual e social, é de lonxe superior o de este país de bandanas e enaxenados e no que un goberno responsable e atento os intereses da poboación trata a ésta como o que é, ciudadanos con dereitos, donos todos dun territorio, mentras que aquí nos tratan peor que a súbditos e nos rouban a cada momento conquistas de moitos lustros de traballo e sacrificio para amontonar o escalado no plato do gran capital improductivo e folgazán.
e eu dígovos que esto hai que solucionalo dalgunha forma.
xá.
de cal maneira? se preguntará o lector, despistado por tantas solucións máxicas que de forma interesada aportan uns e outros. como?
pois xustamente de esa que algúns intuen; de esa misma que algúns albiscan xa fai tempo. por que non hai outra e cada día a cada hora estas castas políticas e administrativas que nos mangonean cavan máis o seu descreto e trasforman o feito de existir a cada segundo nun novo crime, nun novo delito que non pode ter asociado máis pena que esa que, antes ou despois, vamos a atorgarlles, eso sí, democráticamente para que non teñan nada que decir.
!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->