eli
para elizania araujo da silva, que nos trouxo seiva nova dende a capital verde do brasil.
a música en eliza nace nas cadeiras; brota de entre elas como brotaron séus fillos e divídese, sinuosa, cara a cabeza e cara os pés. éstes deslízanse nunha deliciosa cadencia que rima, imperceptíbel, co leve bamboleo de seu corpo breve de meniña e os seus ollos son dous enormes pozos de ternura que me miran dende un docísimo abismo de marrón e dos que brotan, xenerosos, tódalas notas e tódolos acordes que trouxo de goiás.
ábreme a súa casa e accedo a unha nova dimensión que non existiría sen ela pois eliza está estampada nas paredes, escachafoula contra as xanelas, refréxase no chan brilante polo que se restrega alejandro e atravesa as portas tras das que desaparece víctor; ela está tamén no ar e na auga e sei que o seu corpo delgado compacta a atmósfera e que cada milímetro do cubículo é parte orgánica de ela mesma.
fálame e cada fonema, co seu acento duro do sertao, é doce coma o mel. contemplo, absorto, a pel dura do seu colo, das súas meixelas, o rictus dos seus beizos mentras impele fóra o ár dando un matiz perfecto a cada expresión e asómbrame que cada frase súa teña a concrección que o idioma perdeu na boca nos nosos grandes doutores honoris causa. debaixo da coleta azabache ela é a palabra do pobo, a máis firme representación da realidade e da calidade humana que nos furtaron os medios masivos e o pensamento único. nomea cada cousa como é e cada cousa que recrea xurde da nada e cobra vida no seu alento.
pouco acostumado a discursos tan compactos, véxome obrigado a solicitarlle que os repita varias veces a fín de facerme coa mensaxe co conseguinte risco de parecer xordo ou tonto ( ela dí bobo e esa cuasi onomatopeia antóxaseme o máis delicado piropo co que unha muller me teña agasaiado ): é o que hai.
ela é, en fin, miña nai, a nai de todos nos; a forza da terra, da creación, exú e a pachamama. dá, da súa carne, fillos ao mundo e nela está o que perdemos, o pulo abigarrado dunha xenética sen concesións á condescendencia e ao fracaso e no seu exemplo e entrega debúxase o camiño de todos a seguir.
!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->![endif]-->
Eliza dijo
GRACIAS...QUE LINDO NO SÉ DE DONDE SACASTE TANTA INSPIRACIÓN. ES MUY BONITO.GRACIAS!!!BESOS-BOBO...
2 Febrero 2011 | 08:10 PM