fusión quente ante a fusión fría
ah, que gloria para a parroquia esta fusión norte/sur, a cacareada confluencia verdiazul de algo que xa non servía tal e como estaba e que menos vai servir nun futuro para o tecido empresarial e/ou para a sociedade cilvil que quede despois da hecatombe cara a que vamos con fruiciosa algarabía. pero bueno, xa postos á labor e supoñendo que a cuadrilla de hábiles negociadores de tantas reunións e cuchicheos quedará á sopa boba, prego se incie outro proceso de encastre interterritorial e transversal vigo/coruña na figura de dous dos séus máis sobranceiros exponentes da potencialidade galega i más dé. estou a apoiar, pois, a unión nun soio corpus e sen reservas do insigne e norteño complejo la fuente co aportuguesado hostal peinador, desexando fervintemente que o producto de ambos factores se instale nas terras de chantada para solaz da atávica e depauperada galicia interior e, por si o concello non ofrece facilidades ante o empuxe das secas no execvutivo zapatero, eu poño á disposición dos administradores e asociados de tan altas e suxerentes corporacións unha hectárea de terreo con vistas ao vello pai miño en zona recollida dos ventos de fóra que tanto mellan a capacidade operativa nas rías baixas e ben defendida das choivas pertinaces que tanto amolan aos paseantes do orzán.
!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->