Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

30 Septiembre 2010

29 de setembro

zapatero precisaba unha boa posta en escea dos sindicatos, pero quizás non tanto como a que arroxaron os seus pés na xornada de onte as centrais convocantes. precisaba unha certa correlación de forzas para parar o embiste do capital e salvala cara por actuacións pasadas e presentes, pero a resposta cidadá do día 29 de setembro déixanos un novo problema co que non contábamos enriba da mesa: ademais do persoal mobilizábel por mor da propia aposta sindical, que anque abundante resulta perfectamente controlábel polo aparato oligárquico que dá de beber a uns e outros, participaron na folga activamente outras correntes cidadáns que se atopan fóra do control de aquel. e eses son os que constituen un problema, eses que as televisoras pretendidamente progresistas tildan de antisistema e/ou gamberros e/ou violentos. así que á suma de sindicatos menos acomodaticios como poden se-la cig en galicia ou ela en euskadi ( que non participou no paro o ter esta central convocado xa unha folga o pasado 29 de xuño ) e de grupos integrados en partidos ou coalicións fóra dos cauces da política trillada ( erc, bng, hb, ii, ia, etc ) poden supor no futuro próximo un perigoso cauce para esta monarquía tan ben rexida polo insigne botín e os seus adláteres, cauce no que ten gran protagonismo a desnortada izquierda unida de cayo lara que, a día de hoxe e sen dilaccións, debería conformar a xestación dunha plataforma capaz de vencelo tácito bipartito de psoe/pp no que tan cómodamente se arrolincan os que teñen feito do estado español o seu coto privado de caza ao tempo que nos manteñen ó resto como simples súbditos aos que ordeñar segundo as suas necesidades.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera