leoncio
o mundo está cheo, preñado de leoncios. hai para seis mil millóns de eles: xentes formais, traballadoras, honradas. todos teñen familia e, cando á noite se sentan a carón dos seus fillos e miran lúa chea, a estampa é digna de calquera producción de éric rohmer. hai leoncios que aman con despilfarro, xogan ás cartas e beben viño tinto cos amigos os venres pola tarde; leoncios que recitan poesía mentalmente mentras esfarelan surcos de terra con súas mans, leoncios que bailan nas festas ao son da gaita e do morin khuur e leoncios atrapados en malas ou fatais inversións apoiadas tácitamente por supostos gobernos democráticos. hai tamén un grupo nutridísimo de leoncios que súa día a día para sacala súa prole adiante, que quere comelo seu pan anque esteña acedo e bebela sua cervexa anque sexa amarga. o esforzo continuado de este tipo de leoncios sóe da-lo seu froito co paso de moitas xeracións e a vida vai paseniño paseniño entre risas e choros, corazóns enchidos de pasión e gusto por estar vivos. pero todo se vai ó carallo cando outros leoncios, poucos eles, empezan a cobizar o espazo de outros, as riquezas de outros, as vidas de outros e azuzan coma cans doentes e salvaxes a algúns leoncios para que mordan en nome de deus e da liberdade.como decía margarite duras, nada do humán me é alleo, pero eu elixo amar a aqueles leoncios da labor lenta e comedida e detesto a estes leoncios zánganos que desertan da sua comunidade para abrazala soldada da ignominia. non poño eu, pois, bágoa por este leoncio de vimiazo e espero, fervorosamente, que o acompañen en breve outros da sua infame caterva e, si é posible, tamén o groso dos seus empregadores entre os que conto ao ministro do ramo e que entre todos acaben ca reserva que este gracioso e maiestático estado ten de medallas ó mérito e de pendóns a media asta.
!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->
tfcfzp dijo
fabulous! I have some stories as well, welcome to visit!gucci mens watch,mulberry bayswater,balenciaga handbag,discount fendi,prada bag
3 Diciembre 2010 | 01:58 AM