Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

9 Julio 2010

unhas liñas para lembralas moribundas caixas de aforro

todo este debate das caixas de aforro deixa ás claras que manda quen manda; e ese nin é o famoso pobo soberano dimanado da plácida dictadura de mayor oreja nin o triste presidente zapatero, que cada día semella máis un espectro do que xa fuxíu o pouco sangue que fai algún tempo semellaba correr polas súas venas cando decía que el sabía ben cal era a voz do pobo: quen toca diana cada día na política da pel de touro é botín.

poden vestila burra como queiran e aleccionar a amanuenses e colaboradores tertulianos do medio audiovisual á súa conveniencia aproveitando o estado de patrioterismo histérico e chabacano no que todo semella toparse mergullado, pero a mentira non dá para máis. trátase dun novo roubo, dun novo escalo do capital especulativo, dun novo capítulo da triste renuncia dunha sociedade abotargada e desestructurada que servirá, únicamente, para facer máis poderosa á banca privada pero que será desastrosa para a pervivencia da autonomía económica das estructuras productivas ( as moi poucas que quedan gracias a todos estes filibusteiros ) do país.

outra vez serémolos primeiros en berrar vivan as cadeas e mentras nos impostan e nos minten saltaremos de xúbilo si españa gaña o mundial de fútbol, auténtico exemplo da necesidade de forxar un home novo fóra de toda esta parafernalia absurda de misticismo acrítico.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera