todos para corea do norte
pedía nun artigo en xornal o bon de xavier vence deza "unha regulación comercial que permita equilibrar a balanza comercial". ui, os que mandan no cotarro non queren saber nada de esto, amigo: abran vostedes as súas fronteiras, eliminen tasas arancelarias e súmense ó mercado global para prosperar; esa é a súa receita e dende sempre foi moi ben escoitada pola nosa clase política e económica máis, o malo, é que cando o bico é pequeno e o cú grande ( e está roto ) non hai maneira de enchela botella na fonte, de forma que agora estamos todos valeiros, exhaustos, e os mesmos que nos levaron a esta situación de inanición son os mesmos que seguen a postular novas accións para sair deste labirinto que eles mesmos deseñaron. así que me dá por pensar que ou ben todos estes non saben por donde andan ou que a estratexia de esclavización da sociedade é tan perfecta e diabólica que non queda outra que sacarse a pucha ante tamaña capacidade de inventiva. non sei, vendo a zapatero, rajoy, feijoó ou a anxo quintana ( coño, xa facía tempo que non me acordaba do de allariz, acochado como o teñen ) case creo máis no primeiro polo que acabarei afiliándome ó partido juche, xa que por moito que digan os axiomas ( os do capitalismo, digo ) que autarquía é igual a pobreza e que o libre mercado é a panacea do avance social, coido que está xa ben demostrado que todo eso é mentira e o único que queren de nos é que sexamos clientes dos seús tarecos e non deixemos de parir para que a oligarquía teña man de obra ben barata para alimentalas súas fábricas.
!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->