Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

14 Mayo 2010

funcionarios e sindicatos

a ugeté e os de ceceoo suman entre ambos uns dous millóns de afiliados, dos cales a meirande parte son funcionarios de ese excelso grupo de tres millóns e pico que pululan pola pel de touro. cómo van ocuparse toxo e méndez dos casi cinco millóns de desempregados da industria auxiliar, do pequeno comercio, da agricultura ou dos autónomos? éstes son ( somos ) unha sorte de lumpen do século vinteún a quen distraer co fútbol e coas tertulias televisivas, con internet e ca guerra contra o terrorismo.

non me cabe dúbida de que sería unha honra, un honor, ser funcionario dun estado social, dun estado forte que mirase polos séus cidadáns e non os tratase coma súbditos ou como carnaza escrava, pero ser funcionario do estado español ou de calquera das súas franquicias autónomas é, por moito que lles pese a eses tres millóns e pico de seres pensantes e sentintes, unha desgracia e unha vergoña por que eles mesmos axudan a apuntalar un réximen corrupto alleo á vontade popular e transfórmanse en meras correas de transmisión do grande poder económico que manexa ó propio estado.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera