O meollo da cuestión ou a realidade amarga de Graham Greene
Utilizando unha vez máis os procedementos do realismo contemporáneo Graham Greene conta en O revés da trama (The Heart of the Matter) a historia do home acurralado entre os convencionalismos da civilización occidental. O lector das súas novelas non deixará de recoñecer no maior Scobie a un semellante do xove delator de contrabandistas (The Man Within), do desesperado Pinkie (Brighton Rock) ou do cura indigno e atormentado perseguido polo exercito federal á caza de cristeiros (The Power and the Glory). Máis esta vez a arte de Greene e a súa propia madurez humana lograron concebir unha variante de historia inquisitorial milimétrica que enriquece a trama e o texto ao tempo que despoxa dos fáciles atractivos da historieta policial o conxunto da narración. Así, cos séus mecánicos golpes de suspense, esta novela é o nexo de unión entre a narrativa anterior do inglés e as grandes e comprometidas obras pergreñadas por Greene na segunda metade do século XX. Esta vez, o perseguidor e a víctima son unha soia persoa; esta vez, a caza é apenas simbólica ou serve, en verdade, a unha opaca intriga coa que Greene paga a súa deuda a certos convencionalismos da novela. O home Scobie está acurralado por sí mismo e amosa nese nudo gordiano que o atenaza o triste papel do home contemporáneo ( téñase en conta que a obra foi publicada en 1948 ) frenta a tódalas vicisitudes que o atenazan.
Scobie ve o mundo como é, desposeído de toda beleza, de todo prestixio malsano. Envolto na pesada atmósfera africana, preguntase un día: "¿Por qué( ... ) gosto tanto de este lugar? ¿Será porque eiquí a natureza humana non tivo tempo de disfrazarse? Eiquí ninguén podería falar xamais dun eden, dun paraíso terreal ( ... ). Eiquí un podería amar ós seres humáns como os ama Deus: coñecendo o pior de cada un; un non amaba una pose, un vestido fermoso, un sentimiento artificiosamente investido. Un amaría os homes como son, pobres, tristes, desvaídos".
Scobie é católico e iso significa -para el- coñecer as respostas; é consciente, vive en perpétua vixília. E sobre todo, sábese desleal para con un credo que lle ensiña, como única tarefa no mundo, o logro da salvación persoal. Porque Scobie prefire condenarse e evitarlle así a súa muller unha humillación, a súa amante un dolor. A pesares de que sabe que cada hombre vive, incomunicado, a súa propia vida, algo máis forte que esta convicción lle dí que a súa vida non se agota en sí misma, senon que se proxecta en quenes o arrodean. Scobie sabe que é responsable no só da carne e da alma que habita senon -principalmente- de isos seres cós que comparte un destiño paralelo, isos seres moldeados pola súa misma man. (Sóio os iñocentes son irresponsabeis, pero "a inocencia debe morrer xove, se no se quere que mate a alma do home".) Scobie comprende que súa muller non é xa a mociña con quen casou senon outra persoa criada e moldeada por el. ("Ésta é a miña obra. Esto é o que eu fixen de ela. Non sempre foi así"); frente a súa amante, frente ao criado cuxa morte tolera, abrúmao o mesmo senso de responsable culpabilidade. Por iso o cuidado de todos eles - a súa felicidade- está antes que súa propia salvación temporal e/ou eterna. E nos días da última crise recoñecese definitivamente, ao afirmar: "Son o responsable. O meu deber é ocuparme dos demais. Estou destiñado a servilos".
Esta responsabilidad é incomunicable a ningún persoaxe circundante e o séu peso vai destruindo seguramente a Scobie porque non nace do amor senon da compasión, pasión máis terrible y sen retribución posible no plano terrenal. ("Non sentía responsabilidade cara o fermoso, o gracioso e o intelixente. Xa saberían apañarse. Era a face por quén nadie se molestaría, o rostro que nunca descubriría a mirada disimulada, o rostro que pronto se afaría ó rechazo e á indiferencia, o que solicitaba a miña protección. A palabra "compasión" é tan libremente empregada como a palabra "amor"; terrible e promiscua pasión, nembargantes, que tan poucos experimentan".) E a fórmula final, a que chega desposis de tanto rodeo - "Amo o fracaso; non podo amalo triunfo"-resume ben a súa desesperada actitud. " E tí, Deus que non podes amar por igual a tódalas criaturas ". O único ser que non suscita compasión é el mesmo, el mesmo e o archipresente Deus da mitomanía católica cara o que se destiñan tódolos monólogos do militar, ese deus escaso na Terra que o obliga a entregarse ante a insuficiencia da mesma divinidade para abortar tanto dolor como brota o séu redor.
Ó tempo que Greene dibuxa con insistencia a total responsabilidade do protagonista, a historia amosa que Scobie non pode facer nada por zafar do círculo infernal en que se acha mergullado. A providencia manéxao implacablemente. Tódolos séus afans, a súa dura luta, o progresivo ingreso na corrupción, non conducen a nada. Ou mellor, sóio o conducen á condenación, a unha irrefrenable consciencia moi semellante á que acuñou o cristianismo ca figura e inmolación de Xesucristo . ("Así que todo esto puido non ocurrir, pensou. Si Luisa se quedase, nunca me enamoraría de Helen; nunca me vería sometido á chantaxe por Yusef; no cometería nunca ese acto de desesperación. Seguiría sendo o mesmo; o mesmo que está ahí, acumulado nos quince anos do méu diario; non esta copia inutilizada de mín mesmo que ahora son".) E até o suicidio, que planea tan cuidadosamente como para que pareza morte natural, é albiscado por Wilson.
Na carreira literaria de Greene ( máis de 30 libros entre novelas, biografías, semblanzas e libros de viaxe ) The Heart of the Matter é un libro capital; o séu primero intento de abandoar os recursos máis efectistas da novela de consumo, ao tiempo que se amosa capaz de atacar un tema de intensa e permanente vixencia. Anque cecais non sexa perfección a palabra adecuada para calificala empresa, a novela o os persoaxes son tan sólidos e tan perfectamente ilvanados que as críticas que apuntou Orwell sobre a súa pretendida técnica folletinesca caen, co paso dos lustros, en saco roto e afírmase o libro como unha das grandes realizacións da narrativa europea de postguerra e que constitúe unha lectura moi recomendable para este presente hedónico donde a preocupación polo semellante parece ter fuxido a refuxiarse nas profundidades da consciencia. Todo un alarde de humanidade no que será doado encontrar reflexado os nosos máis prezados antepasados e que terá excelentes revisións nas sucesivas O fin da aventura, O factor Human ou O décimo Home por soio dar tres pistas do inmenso universo fabulador do autor morto en Suiza en 1991.