gürtel
o pepé é gurtel.
e o pesoe e o benegá.
e a xudicatura, a policía, a educación pública, a sanidade, a política social...
os funcionarios son gürtel, os sindicatos, o exercito. o clero e o tecido empresarial tamén son esta cousa na que se reflexa o desprestixio do estado postfranquista.
o bipartito foi gürtel, o concello de chantada aínda o é. a rag, o porto de sanxenxo, o ave, o librecomercio, o rexistro da propiedade e carrefour. todos son gürtel; gürtel somos todos.quizás, sen decatarnos, como dixo don manuel, tódolos galegos sexamos gürtel e cara gürtel trasmitimos impostos, tasas e gravamens.
gürtel é o gran irmán, a base do estado moderno. a civilización occidental, o capitalismo e a praxe política. o mundo ó revés, o cine, a tv, a prensa son gürtel nun intento desequilibrado e extremo de furtarlle a realidade á poboación; a homosexualidade, a heterosexualidade, o anonanismo, o bestialismo, a zoofilia. o tiro de pichón e a orquesta panorama son gürtel por extensión.como tamén son gürtel as putas do pireo, os artistas, a universidade, fenosa, os notarios e os polígonos industriais; as bateas da ría de vigo, a extensión agraria e as aeroliñas. o viño de valdeorras, a deputación, os mercedes dos empresarios e os audis de touriño cheos están tamén de gürtel, gürtel son.
por contra non son gürtel os enfermos dos hospitais atendidos polas súas familias ou esa lexión de lumpen que traballa arreo por un mísero xornal en forma de cotización social que nin se sabe si servirá para algo no futuro en medio de tanto escalo. tampouco é gürtel o eivado que, ó cabo da vida e cando por fin ten necesidade, descubre pasmado que o servizo de rehabilitación colleu días e fai ponte ou que o encargado de tramitar calquera papel se sumou a festa santa engadindo quince días máis.
quizás tampouco é gürtel o otegi e por eso vai á trena; nos cárceres españois hai pouco gürtel en condena.
e o que é seguro que non é gürtel é a taurus pt92, a única solucución, o único bisturí para por fin a tanta metástase.
!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->