o consorcio e o cha cha chá da igualdade
poidera semellar que un intenta facer leña do árbore caído, pero estes tendenciosos artigos que anda a servila redacción de vieiros sobor do triste imaisbé non deixan de ser máis que un intento valeiro de erosionar a un goberno ao que sobran razón para vixiar de cerca pero ó que non se pode enfrentar ás claras sen alusións perigosas acerca das cercanas actuacións do bipartito previo.
dentro de esas actuacións tópanse os criterios de contratación que anteriormente tanto deran que falar na era fraga, creadora de esta megalomaníaca e folgazana administración que pagamos tódolos cidadáns e que soio serve ós intereses dos aparatos partidistas e do propio funcionario, servidores todos das estructuras supraeconómicas de caracter própio e alleo cara donde estes esforzados paladíns do eido común empuxan os resultados amasados das cargas impositivas con que alimentámola nosa graciosa democracia. así, con grande bombo e platillo, o antigo vicepresidente da xunta artimañou un sistema de benestar que nunca chegou a funcionar a pesares de comprometer partidas económicas dos presupostos públicos e apoios a ministros infumábeis do pesoe en madrí.
e ahí está o problema real: que o sistema naceu coxo, eivado, inútil. tanto ou máis que o viciadísimo sistema sanitario ou o de ( des )protección social que existían previamente, nos que os enfermos e as persoas necesitadas deambulan por pasillos e ventaniñas levando legaxos e informes dun auxiliar a un celador e de éste a outro auxiliar sen capacidade de concretar nada, criando listas de espera interminábeis mentras os representantes do contribuínte artellan grandes melloras en forma de resolver unha nova páxina web para tal consellería pero néganse en redondo a evaluar as razóns de que existan uns numerus clausus que impidan a formación dos facultativos que a envellecida sociedade galega demanda e precisa, no vaya a ser el diaño que los galenos no puedan pagarse el dúplex y el todoterreno en un lustro.
ahora, neste ruxe ruxe de miquiños, é a multisectorial ciga a que pon a man no lume por estes " técnicos de igualdade ", a gran herencia quintanista logo de non acadar para a poboación os servicios de benestar: boh, xa que non somos capaces de ofrecer á cidadanía un proxecto razoábel de atención a enfermos e discapacitados ( dígolle eu a quen queira oílo, xa sexa político, funcionario ou persoal contratado de calquera índole e en calquera administración que as familias sómolos auténticos técnicos, os auténticos cuidadores, os auténticos dispensadores de atención, as auténticas ambulancias ) polo menos colocaremos a uns cantos fillos de breogán nas mamillas da cousa pública e venderémolos como técnicos de igualdade, pois ese concepto é máis etéreo e últimamente sona moito na televisión..
pero a igualdade non é eso: a igualdade é o valor supremo da organización humana civilizada. non pode existir unha democracia real, non poden pautarse unha liberdade e unha fraternidade reais sen que a igualdade actúe, candomenos, ao mesmo nivel que aquelas.
e esa igualdade non se pode reducir únicamente a cuestións de xénero, xa que a grande desigualdade é endémica das sociedades capitalistas e conta con outros factores ben diferenciados e moito máis graves do que poden xiquera intuir ese grupo de neurasténicas lesbianas en perpétua guerra contra o macho opresor, tal e como son as desigualdades económicas, educativas ou médicas, as desigualdades institucionalizadas pola propia burguesía industrial e económica que move o cotarro; desigualdades que nin a ciga, nin a bloquería nin esas damas mentadas anteriormente que engordan o cú en cómodos despachos nos que xa non poden fumar pitillos largos ( ¡ que lástima ! ) están mínimamente dispostos/as a enfrentar.
así que déixenme de contos de obradoiros de igualdade que " tamén as putas bobas de badalona resolven ecuacións de segundo grao e por eso non berran petróleo, petróleo cando chove".