Publicidad:
La Coctelera

baltar69

3 Noviembre 2009

hai que deixar de conducir

hai que deixar de conducir!!! o coche é a primeira causa de mortandade en algúns grupos de edade e eu xa non estou para actos inútiles!!!

a publicidade abona o camiño para que o cidadán entenda o automóvil non coma un medio de locomoción máis ou menos axeitado se non coma unha prolongación da súa propia persoa. o coche, o tareco, pase así de ser un simple cachivache a transformarse nun detentador de estatus, un afianzador da propia personalidade.

pero realmente o que o coche supón para o cidadán é un auténtico problema, un burato sen fondo: as relacións de sumisión internacional están máis acentuadas que nunca o sela causa primordial para calquera estado ter acceso ás fontes enerxéticas cas que se garante o funcionamento de dito chimpófano. cando o mozalbete requene pasea o sábado á tarde diante do hilton no bmw e asoma pola ventá a durás penas unha cachola redonda tal nádega imaxinando que os que estamos a tragar unha volldam non temos máis que volvernos cara o rebumbio que mete o cheirento tubo de escape, non está a gozar dunha hora lúdica se non que está a facerlles o xogo os capitalistas transnacionais. ese triste rapaz de san vicente ou de papelle, sentado ó volante e escoitando a un volumen impropio a penúltima sesión discotequeira da lama das quendas ou unha actuación do binomio olympus/panorama, non ten outro horizonte que os catro ferros revestidos de plástico pergreñados en baviera. é un satélite dentro do propio planeta, pois no fondo está alleo a calquera cousa que sucede fóra do habitáculo e todo o que alcanza a pensar e sentir ten que ver co propio coche. a cultura do automóvil, que dín os gabinetes de prensa e mercadotécnia dos fabricantes, acaba de conseguir que o espazo que queda entre operador e parabrisas sexa algo concreto.

pero non contento con estar tácitamente apoiando a invasión de irak ou afganistán, está a entregalo séu propio presente e futuro ás mafias do capital pois o coche precisa ademais unha vía para circular e canto máis ancha e lisa mellor. de esa forma, persoeiros sen escrúpulos pero avezados, como os xerentes e donos das grandes constructoras, fan o séu agosto. de nada vale insistir en que tamén eses derivados veñen do petróleo que non temos: a xente quere autovías, autopistas, cintos de circunvalación, corredores de alta velocidade... á xentiña móllaselle a braga o pasaren de 120 e a nena síntese sumisa logo de dous mil anos e xudeocristianismo e de apenas 110 de daimler-benz.

e cecais tirar por un tren eléctrico que comunique e vertebre o interior do país, dí algún na segunda fila de forma dubitativa...

bah, trapalladas. o tren, o tren, o tren... o tren non o colle nadie, hostia. veña: coches, motos , camións, furgonetas de reparto... ca ventaxa que a clase política e administrativa vive de toda a carga impositiva que rodea estes cacharros: o ive, o certificado de conductor, a licencia de circulación, a itv, a zoa azul, o parking da plaza de san diola. amigo, se fallan as licencias de obra sempre podemos meterlle unha pequena tasa ó feito de acceder o centro do casco histórico. as tácticas impostadoras que rodean o feito automovilístico son tantas e tan aberrantes que paga a pena sentarse e reflexionar sobre as mesmas. calquera bichería desistiría de transitar tales carreiros si se topase en cauce semellante ao humano e a súa dependencia do carro, pero o mono sapiens máis parece o can pavlor que un suxeito que pensa e reflexiona.

aha, veña, conductores que vos gusta conducir, pagade, pagade alegremente o que lle regateades ao bandullo, a formación dos fillos e a atención dos maiores. pagade, pagade.

e si non vos chega sempre podedes seguir financiando á tropa de ese carcamal, de ese auténtico malnacido que é pere navarro. menudo elemento, menudo chupatintas con ínfulas. ah, vánseme os sentidos soio de pensar nel; soio espero vivir moitos anos para ver como lle levan a caixa.

a solución?

aparcalo coche. ese é a auténtica e única revolución que os pobres podemos argallar, anque logo sempre veñen estes ilustres economistas tipo zapatero ou sebastián a sacarlle as castañas do lume á industria e, no caso hipotético de que nadie mercase coche, eles mesmos collerían os cartos das nosas pensións futuras e os donarían ós síndicos e propietarios da seat ou da citroen mentras nos dín en la primeira que é polo ben dos traballadores e bla bla bla.

ah, que vergoña.

mecagoendios, aparca e non volvas arrancar. e co que aforres en gasoil, compai, merca balas.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera