Publicidad:
La Coctelera

baltar69

21 Octubre 2009

fuxan os ventos

eu non vexo case nada positivo nesta volta ós escenarios de fuxan os ventos logo da súa paulatina disgregación e desdebuxe dende finais dos oitenta. eso sí, e a ver si me explico, vexo a música galega totalmente estancada na súa repercusión dentro do país e quizás, por esa razón, a volta do grupo lucense é moi saudada por distintos sectores que non accederon os incontables productos que a industrial audiovisual galega puxo e está a por na rúa e que, ao cabo, pagamos entre todos a través dos presupostos dos que se incauta a consellería de cultura, con moito a máis difícil de auditar dunha forma obxectiva e cabal.
lonxe queda a influencia musical de milladoiro e moi lonxe semellan braht, doa ou na lúa ( e os mesmos ex fuxan de a quenlla ), pero tamén luar na lubre ou berrogüetto, formacións aupadas con importantes medios tantos artísticos como técnicos que non acaban de funcionar máis alá do simplemente anecdótico, dando por veces a sensación de que as produccións son máis pensadas cara o mercado externo ou cara a aproveitar subvencións que cara a unha proxección local que sirva para afianzalo concepto de pobo e, o cabo e nestes días que tanto se proclama , para dar explendor á fala.
e non é para menos ( refírome o asunto do mercado exterior ), visto xa non só o escaso interés en galicia pola música nacional, se non tamén polo cumprido do mercado fonográfico galego. así os artistas máis senlleiros e con maior repercusión, como carlos núñez, embárcanse en proxectos multidisciplinares no máis puro estilo best seller literario na búsqueda do espazo alleo aproveitando a consabida producción donde distintos nomes contribuen a otorgarlle unha categoría comercial ó producto final que o fai dixerible a distintos mercados.
este tipo de productos parece que non acaba de coallar en galicia ( mercar cds a 20 euros está en recesión en todo o mundo ) e para longo daría establecer a razón pola que o amplo público prefire a fuxan os ventos, a ana kiro, a xil rios ou a tripleta paris/panorama/olympus e non o gaiteiro máis pelao de tódolos gaiteiros. será que esa pose hiperprofesional de algún dos mentados anteriormente ( non soio o bon de carlos ) impide unha acertada comunicación co público?
ou será que temos un país de berbena que non escoita outra música que non pauten as radiofórmulas, nin lee a kant si non llo desgrana roberto blanco valdés, nin se interesa por outra cousa que non sexan as grandes larpeiradas e as festas do bon beber?
non teño en absoluto nada contra fuxan os ventos e esta reentré paréceme algo normal na industria fonográfica e do entreteñemento, pero neste gusto por velos no esceario, nestas expresións de alegría por escoitalos outra vez caturreando os vellos temas ( eso sí, mellor aderezados do que recordaba ) creo topar máis contras que pros para a cultura viva que este país precisa, sobre todo cando nestes vinte años últimos teñen abundado propostas ben interesantes e de indubídabel calidade que o groso do respetable deixou fenecer de inanición mentras se aupaban operacións triunfo e se tiraba a casa pola ventá con bosses madeinusa. a este respecto resulta totalmente frustrante que nesas grandes berbenas de colorido e desenfreno estival, que tanto nos costan a todos, as macroorquestas apuntadas antes ( e sintonía, os trovadores e demais ) sempre reserven algún número para amplificar no recordo o disco de juan pardo da miña nai dos dous mares que data das quimbambas e todo o mundo recoñeza e acompañe o digilindán digilindeiro mentras nadie bote en falla o inmenso iacobus magnus de milladoiro, o mismísimo jei dos resentidos ou esta excelente e actual alborada de carlos núñez que por aquí pasa sen pena nin gloria.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera