despois do 18/o
guste ou non guste, a manifestación dominical en santiago a prol da língoa galega foi plural e aberta e a nosa fala non é patrimonio de nengún partido nin asociaciación por máis adeptos, simpatizantes ou afiliados que teña.
de feito, o galego, nin xiquera pode considerarse patrimonio únicamente dos propios galegos: as língoas son códices libres, vivos e abertos tamén a comunidades que non as empregan habitualmente pero que reciben influencias de moitos tipos de esas falas e culturas alleas. efectivamente en galego estamos no mundo, ca nosa fala identificamos cada cousa que nos rodea, pero tamén viceversa: calquera cidadán do mundo pode usar ese código idiomático estructurado, pois esa fala pertence a todo o acervo cultural e social do planeta.
desgraciadamente, para un sector ben recoñecíbel da sociedade galega, a retahila lingüistica xa representa a única ideoloxía da que aínda non renegaron e que aínda non prostituiron nos cenáculos do poder e non lles queda outra que torcela e retorcela en busca de réditos políticos e sociais, comenencias estas que sentiron estirpadas logo das derradeiras eleccións que os desaloxou das moquetas.esa, e non outra, é a motivación principal que leva a ese sector a plantexar un pulso ao goberno ( case mellor sería decir desgoberno ) feijoo utilizando o idioma como adoquín e a nacionalidade como barriacada e para esa batalla cóntase cas forzas de choque amigas: mesa, ciga, etc.
non sei que resultado lles dará esta estratexia á corta ( por que ahora, metidos xa nas présas pola nostalxia do recentemente perdido, o benegá non ten maior visión política e social que o inmediato e carece de calquera aspiración que non sexa volver ao cocho mantela manada ó quente ) , pero non deixa de ser perigosa a senda pois, si a estes colectivos lles falla a batalla do idioma e esa sintonía nacionalista na que amalgaman señoritos de postín, funcionarios da mortecina función pública e siareiros excasamente reflexivos, a desbandada será xá total.
para máis córrese o risco de agrandar as posicións entre a cidadanía ó concitar sobre ela o peso da loita idiomática, loita que soio existe na cabeciña ( e nos petos ) dos filólogos e dos que comen do rancho, tal e como gb, o consello da cultura ou os mesmos reintegracionistas. esta axitación resulta escasamente operativa para a fala e haberá que ser moi fino para que a xente do común non caia na trampa de identificar ser galego con ser nacionalista ou falar galego e simpatizar ou militar no bloque.
anque eu non declaro o amor polo galego nin por galicia ca mesma forza de carlos callón, non temo nin polo idioma nin pola nación, por moito que ao frente das institucións se tope esta sorte de mediocres tecnócratas e por moito que os iluminados de turno acuñen outras teorías máis telúricas. galicia, o seu pobo e a súa fala están moi por enriba da concurrencia ou da falta de toda esta fauna que pobla o hórreo e demais compartimentos estanco; pero visto o desastroso momento que a cidadanía está a pasar, coido que profundizando un pouco máis alá do sempre en galicia, dos porcos de pé, de arredores de sí e demais berbenas míticas de casa solariega, teñen campo abondo para prantexar unha oposición que ilusione e que concite de novo a moitos dos que abandonaron o barco dende os tempos de camilo nogueira e dos seus trescentos cincuenta mil sufraxios. pero para elo compre desandar, incluso desaprender algunhas cousas e asimilar que a actual formulación política e administrativa o único que fai é alonxarse do cidadán. outros poden vivir de espaldas á xente e seguir inflándonos a hostias e tributos mentras a maquinaria engrasada polo noso suor lles leva os votos, pero o bloque non pode.