Publicidad:
La Coctelera

baltar69

1 Octubre 2009

iugoeslavia e o dominio punto yu

como non podía ser de outra forma, eu boto en falla esa dictadura comunista do camarada partisano. bueno, que se lle vai facer? non todos vamos a ser demócratas de cuello alto como ricardo costa...
existe unha pretendida tendencia histórica ( que non historiográfica ) a resolver os problemas nunha cuartilla e detrás dunha cervexa na barra dun bar; as disciplinas xeográficas alcanzaron naquel famoso país ( no do ficticio suárez miranda, non no país dos eslavos do sur ) tal preponderancia que pronto un plano foi a reproducción exacta do territorio: cada río tiña un río, cada casa unha casa.
pode perfectamente este invento do departamento de estado e da xunta de defensa madeinusa esparexer conceptos e alumear teorías acerca de novas economías e sociedades do coñecemento, pero non será nunca capaz de reescribila historia a aqueles que xa a coñecemos.
e, máis ben antes que despois, xeracións vindeiras non se verán satisfeitas con eses mapas desmesurados e quererán saber que hai realmente debaixo dos conceptos máis abstractos.
e debaixo do concepto de iugoeslavia había ( hai ) moito máis do que subxace en algunhas torpes frases periodísticas e nas novas necesidades de códice que nos pretenden resumir: un concepto de convivencia que aquí, neste limbo, neste bigbang ibérico de veciño contra veciño, estamos a anos luz de comprender por moita wikipedia que lean o neno e a nena.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera