Publicidad:
La Coctelera

baltar69

17 Julio 2009

tratorada tres

escribía julia varela no limiar do seu libro " a ulfe: socioloxía dunha comunidade rural galega ", premio vicente risco de ciencias sociais no ano 2004, que durante centurias o campesino galego foi capaz de achar solucións aos problemas cotidiáns tirando únicamente do seu inxenio e usando os medios que tiña a súa disposición para modificar o seu medio laboral. así fabricaba a meirande parte das ferramentas e utillaxes que precisaba para o seu labor e soio unha parte de elas eran realizadas por especialistas que, tales como ferreiros ou carpinteiros, pertenecían tamén a mesma comunidade.

apuntaba a socióloga da complutense que o esvaecemento de eses ámbitos comunitarios rurais supuña, por enriba da perda antropolóxica, unha importante perda económica o desaproveitar técnicas agrícolas e gandeiras asentadas e sutituílas por técnicas alleas que, na meirande parte dos casos, esixían unha importante transferencia económica para ser implantadas.

hoxe vémolo perfectamente claro neste asunto do leite: a mecanización e tecnificación dos procesos agrarios con que supostos técnicos, visionarios, gurús e políticos nos bendeciron fai que, a decir fai poucos días dun productor da coruña, " canto máis leite produzo, máis diñeiro perdo".

a excesiva dependencia de estructuras económicas alleas e a apertura do feble mercado galego as multinacionais da biotecnoloxía, da maquinaria e dos medicamentos está a arrasar o que durante xeracións foi capaz de manter á metade da poboación no rural.

neste momento histórico en que as transferencias económicas en forma de subsidios de xubilación poderían apuntalar unha economía históricamente deprimida e contribuir a un desenrolo local sostido o que se busca por parte dos grupos con penetración no tecido social ( políticos, sindicalistas, xerentes de empresas, sector bancario, grupos de comunicación ) é o desvío cara o capital trasnacional de esas pingues rentas.

así os emisarios políticos e administrativos artellan subvencións e axudas dos impostos de todos para acadar equipamento que, en teoría, volverá a actividade máis productiva pero que en realidade para o único que serve é para endeudar até extremos insoportabeis a aqueles que sucumben a tales encantos e para enchelas alforxas dos grupos industriais sitos nos eeuu, italia, francia ou alemaña.

mentras todo eso non sexa machigado e remoído pola poboación, mentras o cidadán non entenda que o poder político que burdamente cree elexir cada equis anos é o culpable de ternos vendidos a todos ó capital trasnacional e sega orientando os seus esforzos baixo as directrices de estes grupos, a ruíña e a desfragmentación é a única ganancia que se colleitará.

non me pida, pois, ese gandeiro que conduce ufano e os tentoso tan impecable new holland polas rúas de lugo que acuda á góndola a mercalo séu leite para pagarlle as súas fatais inversións, porque xa toda a cidadanía leva pagado en demasía os delirios dun sector totalmente abocado ao deasastre e que se transformou, nun escaso período de tempo, no grupo abanderado da desmemoria do país.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera