Publicidad:
La Coctelera

baltar69

18 Junio 2009

tratorada

parei no semáforo que hay detrás de san caetano ó lado dunha moza con gafas de sol e pelo lacio. tiña un fermoso perfil e estábame ensoñando ca súa aparente dozura cando apareceu o primeiro fendt, un vario 413. detrás apareceu un " modesto " 308 ci e logo, seguindo un mastodóntico 714, un 412, un 415... xa perdín a conta. despois da orxía verde crara de rodas roxas apareceu o verde forte con discos amarelos dun john deere 6920. detrás segue unha morea de deeres series 6000 e 7000, algún que outro fendt e, salteados, destácanse tamén algúns masseys roxos impecables, relucindo baixo a luz do sol da tarde como si fosen ó acompañamento dunha boda.

para entón xa nin me fixaba na rapaza da esquerda e moito menos no seu minúsculo peugeot granate; aquela avalancha de cabinas refrixeradas e de neumáticos milimétricos que baixaba pola avenida de lugo ocupaba toda a miña atención. o semáforo pasou a verde e arranquei cara o da rotonda, ollando para aqueles mastodontes de morro orgulloso como narices de ovidio nasón más narizado: de vez en cando aparecía algún case, algún new holland, un renault , un claas ou algún deutz, pero víase ás craras que a galicia rural prefire agco e deere, da mesma forma que os políticos prefiren audi e os mestres da moderna universidade pública soltan aceite polo apple.

detido na rotonda, e xa definitivamente perdido o rastro da loira mociña do utilitario, razonei que si estivese no porto de monte carlo un día de concentración de ferraristas de todo europa, a estampa de luxo e ostentación non sería moi distinta a que ofrecían aqueles campesinos en procesión e que a galicia do minifundio é a jauja da cnh fiat, da same deutz far spa, de agco, da john deere... o exemplo está en que dos 600 tractores que fendt comercializa en españa anualmente, case unha terceira parte acaba nos campos galegos donde explotacións de cincuenta vacas contan con investimentos de máis de cincuenta millóns das antigas pesetas e mercan tractores profesionais de máis de 60.000 euros que a duras penas resultan redibles para aqueles que botan 24 horas roturando e sementando nas inmensan planicies castelás.

entón, agora, estes empresarios e propietarios de tan pouco hectárea entregados á visita diaria do carro de mezclas e de veterinarios e á merca tamén contínua de pensos, hormonas, antibióticos e forraxes, suman todos estes imputs ( e os do bmw que teñen na palleira, os do arranxo da casa, os de ter a nena estudando veterinaria en lugo e os do viaxe que fixeron ca coperativa a francia e que rematou naquel desaguisado nas putas do tris tras, acórdaste luís? ) e decátanse que os custes de producción son superiores ó que lles pagan polo producto resultante e cárgana contra o prezo do leite na góndola, sen decatarse que tódalas subvencións que foron recibindo co paso dos anos e que eles empregaron alegremente en aparcar máis maquinaria por km cadrado que en ningunha parte do mundo, foron pagadas non por entes abstractos que se confabulaban para darlles diñeiro se non polos cidadáns que cada día fan un esforzo na cesta da súa compra. e por eso eu, hoxe, merco o que topo máis a prezo ( o bomilk ), por que o leite é eso: soio leite e paréceme un auténtico abuso o prezo de un euro por un producto que se pode topar, en bruto, no mercado libre mundial por 0,21 céntimos.

a política de cotas, tan denostada ás veces e agora tan laida por productores e síndicos, supuxo a criazón dunha burbulla semellante á inmobiliaria no campo galego. agora toca facerse cruces e implorar árnica e os campesinos que escoitaron os cantos de serea de fabricantes, banqueiros e políticos terán o mesmo pago que os proletarios das cidades que creeron que entre ricos e pobres hai unha clase media ou que entre esquerda e dereita hai unha terceira vía: estes perderán a súa casa ( e seguírana pagando, ollo, logo de levar satisfeito moitos recibos en anos), casa que será requisada pola banca ca certificación do xulgado e a bendición da santamadreiglesia para logo ser vendida ós constructores ( os que teñen diñeiro fresco, amigo; por que pensades que xa non constrúen? váilles ser máis barato recomprar o que ante venderon pagando un 50, un 60% ou un 70% menos ); os campesinos pola súa banda verán como marchan os cambios powershift pola porta do curral e como pagarán de novo unhas propiedades que xa tiñan desamortizadas os seus devanceiros con moito gasto de sudor e menos asesores fiscais e coperativas. mentras tanto os políticos e xerentes recollerán o séus premios e aguinaldos millonarios por ter prestado tan bos servicios á oligarquía capitalista e dirán, torcendo o xesto mentras toman albariño e arroz con bogavante na atalaia sobre silgar do hotel sanxenxo, que " esto demuestra, amigo pedro, que un sector subvencionado acaba siempre siendo un sector arruinado, como bien nos decían en la facultad. lo importante ahora es buscar la fórmula para poder competir mejor y, entre nosotros, buscar otro nicho desesperado para volver a venderles la estampita".

 

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera