graham greene en oseira
o marco xeográfico do mosteiro de oseira é cautivador e invita á introspección e á serenidade. xa baixes por furco, por poboadura ou pola fraga de trabazos logo de casar de maría e vales, a sensación de irse sumindo nunha atmósfera de paz goberna as vontades en cada metro da ruta que baixa ao val polo que descurre o sixiloso río homónimo.
o silencio magnífico da pedra vella ten un exponente máximo no recoleto ceminterio adosado ó lateral da igrexa románica, donde as tumbas presentan testemuñas de outros tempos a través de fotos e daguerrotipos que amosan homes e mulleres de miradas furtivas e pómulos huesudos, con peles tersas tostadas polo sol das seituras e cabelos grasos traballados ca mezcla de auga e suor. sosprendidos en roupa nova sempre demasiado folgada para as súas formas, eses descoñecidos devanceiros son a exemplarización perfecta dunha casta que se quedou sen representantes no pazo do hórreo, demasiado ocupados éstes últimos en ultimalo pasado recente en percuras dunha modernidade allea e espúrea.
cerca do pobo raso soterrado, na zona máis sombría e húmida, uns sinxelos túmulos escarvados na terra e coroados con cruces de madeira enumeran, coma caladas letanías, o recordo dos monxes que elexiron aqueles muros como fogar. a humildade de estes servidores contrasta ca grandilocuencia funeraria dos mausoleos que para remontarse no tempo e no recordo erixen as clases nobles e a burguesía industrial para entregar á terra os restos írtigos do patrono de traxe e bastón e da súa dona de pelo branco empolvado e colo teso.
nese lugar séntome durante horas en silencio con graham greene, co vendedor de aspiradoras jim wormold, con maurice castle, co cónsul charles fortnum, con maurice bendrix, alter ego do propio greene que chega arrastrando a perna seca un pouco por diante dun asustado e sempre mollado henry miles; co abogado chavel, ca filla do doutor fischer de xenebra ann-marie, co otormentado curiña fuxitivo da revolta cristeira... na casa mazado, o outro lado do museo etnográfico, toman licor café o estafador harry lime e o seu amigo holly martins, o maior scoobie e thomas fowler e fóra, na rúa empedrada, helen sostén a sarah miles presa, nese momento, dunha violenta crise de tos.
sei que wilson, alden pyle, o xeral téth, o sirio yusef, o dr. perceval, o reclutador hawthorne e o capitán segura andan fedellando nos montes de mirallós e ideando perrerías pero eu, alí, na quietude tranquila do camposanto, recoñezome seguro, libre e igual.
pregúntolle a greene: é certo que vostede abrazou o cristianismo aquí en oseira? mírame con suavidade e malancolía, pero non responde. fáino unha voz detrás de mín, leopoldo durán: non, o sr. greene fíxose católico para contentar a súa esposa vivien fai máis de setenta anos.
graham greene sonríe levemente e volve pousala vista nas carballeiras da ladeira, brilantes baixo o sol da tarde que se encolle.
cirillote dijo
menudo preñazo has soltado, macho
28 Mayo 2009 | 10:08 PM