Publicidad:
La Coctelera

baltar69

18 Mayo 2009

mario benedetti

fai casi dez anos, baixo a luz magnífica dun 31 de decembro e recostado á sombra da estatua ecuestre de bruno mauricio de zabala, pontificaba do papel de benedetti na política e renegaba da simpleza dos seus textos. tiña eu a panza chea logo dunha pantagruélica incursión nos asados do mercado do porto e a norteña en botellas de a litro empezaba a pasar factura.
qué sería de benedetti sin o exilio madrileño, preguntaba á miña acompañante para iniciar a disertación sobre o papel dos que se quedaron, dos que sufriron cárcere e miseria e dos que traballaron arreo para sacar adiante as súas familias e levantar os seus negocios.
benedetti era un producto da industria do entreteñemento, de prisa e dos seus tentáculos, que pouco tiña que ver co uruguay vivo e dolarizado que pululaba enrededor: cas hectáreas replantadas de aucalipto a veira da interbalnearia, ca riqueza cárnica das estancias de rocha, co porto do buceo e o barrio de pocitos, co wtc e as torres náuticas desaparecendo fugaces mentras a brisa entraba polas ventanas do coche lanzado polas ramblas do litoral repletas de paseantes con termo baixo do brazo que se sentían protexidos pola ríxida estructura da embaixada dos usa.
uruguay, país moderno e avanzado en educación e economía liberal, non podía arrolincarse nas hábiles construccións gramaticales do de paso de los toros, reliquia de outros tempos xa pasados como ese amor desmedido e terno de tantos anos con luz lópez.
bla bla bla. e a plaga galaico criolla educada na universidade da república e na ort aplaude que por fin alguén de europa non esté luxado por ese virus tastabexo da industria culturaleira e achega datos de crecemento, de benestar, de riqueza que sepultan ós persoaxes de don mario no pozo do olvido.
pero dez anos depois un decátase de que todo aquelo era mentira: os datos estaban trucados, a inxeñería financieira mantiña en pé xigantes con pes de barro e o papel da pequena república non era máis que o de ser tapón do desenrolo rexional e cabeza de ponte do neoliberalismo que acabaría con batlle chorándolle a duhalde e a blancos e colorados pedindo árnica.
e neses derradeiros dez anos a imaxe sempre serea e amable de mario benedettí non deixou de estar en ningún momento do lado de aqueles que pretenderon unha mellor américa e un mellor mundo para todos: non cexou frente a cuba nin nos peores momentos á forma de saramago, apoiou a chávez en venezuela e foi quen de plasmalo desengaño con tabaré vázquez.
ahora, no momento da súa falta xa definitiva, debo pedirlle perdón o seu recordo por ter volto contra el a miña airada palabrería e recoñecerlle méritos que oxalá algunha vez poda ver en mín, por mui minimizados que se presenten.
marchouse o fin martín santomé das nosas vidas e dende xa todos estaremos un pouco maís soios.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera