a tv é nutritiva
sabido é que a british broadcasting corporation é o canle favorito de esa sorte de ironside da fiscalía apellidado fungairiño, a quen, por certo, deus manteña cesado moitos anos e en reposo, máis non estaba tan de certo en que a espeluznante vicepresidenta de zapatero tivese gostos parellos a aquel azoute de etarras.
pero vexo que sí, que as clases máis encumiadas optan polo modelo inglés de tv igual que manuel fraga proclama a súa deuda con aquel gran fillo da puta da pérfida albión que foi winston churchill: nada de reivindicar a azaña, a juan negrín, a giogio aresu ou o fútbol dos domingos. nada de eso.
exemplarízase ca condenada bebecé e co gordo de bombín, como si fose de gran gusto merendarse un domingo pola tarde cun documental do avance do deserto en alxelia ou ca plácida existencia dos sexadores de polos vietnamitas na bucólica santa cruz de arrabaldo. e nin oses tusir, compay, que te meten no amasixo sadam hussein/pol pot/kim jong-il.
aggg, anos e anos perdidos de cartos tirados ( a aínda deben un billón e medio da vella divisa do imperio que non dubide o cidadán acabará pagando unha sobor da outra) en mercar fómulas abigarradas made in netherlands b.v. para ahora decatarnos que ese era o pan e o circo para manter aloumiñadas ás masas. pola cona se vai tragar elena salgado a actuación dunha mastodóntica rosiña españa living generation ou bibiana aído modelar a súa personalidade seguindo as zozobras de fresita no gh. era boa...
e de ahí todo a un paso. visto que o pobo que democráticamente está capacitado para elexir peleles do capital cada vez roe máis no lixo até xa non saber que pautar os cicerones en prime time ante a demanda de sangue da turbamulta, empeza a arrebullarse na cabeza do leonés a necesidade de pasar a historia como o impulsor da televisión de calité e xoga a chamar servicio público a unha indignante empanada trapalleira que confunde historia con revisión e información cabal con espíritu acrítico e adoctrinador dun sinsaber realmente impresionante.
por que si a suposta televisión de calidade van a se-los 59 segundos ou as preguntas que fulano, zutano e mengano tengan para usted, eu xa lle digo o responsable do gremio que prefiro a josep tomás, pois as inversións de i+d de éste sáenme moito máis a conta que todo aquelo que malgastan universidades e sindicatos.
ahora ben: si se pasa páxina e se transforma a tve nese oráculo do saber que tanto precisan o toro de osborne e a cabra da lexión, quedarán por ben gastados todos eses miles que o estado leva anos desgaxando do pelexo dos impostados para meterllos no peto os sorrintes talking heads, os laudados profesionais underkamara e a patraña sindical de ese ente que nos manexa a todos como si fósemos barbaras hersheys posuídas?