Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

8 Abril 2009

josé blanco

parabéns para josé blanco por acadar un posto que, mirando para atrás sen ira o estilo osborne, nunca pensei lle estivese reservado cando, nas xuventudes socialistas, o alcumábamos por detrás chico benegas polo seu parecido co desagradable dirixente vasco que tanto tempo tivo liña directa co one.

certo que xa por entón sabía faxarse contra o sector sindicalista de narón e fene ou contra o grupo de varela cea cando uns e outros amenazaban o seu liderazgo, sostido con trampullas e manobras como a de inchalas listas de afiliados das demarcacións amigas para contar con máis delegados nos congresos e sacar a maioría sen despeinarse e sen o máis triste debate cando outros, moito máis ideoloxizados e coherentes, rompían as barbas en horas de sono e esmorga para alumar propostas que nunca foron tidas en conta.

ah, josé blanco, josé blanco...

estes cambios no executivo zapatero son un excelente exemplo da calidade da política neste cacho da península ibérica e un síntoma claro de que o pesoe xa ensaia o séu lugar na oposición nun futuro non moi lexano.
pero a eles dalles igual; teñen fabricado un estado bisagra co pepé e volverán esperar o seu ciclo, que o sol sempre sae polo este e ponse polo oeste e día a día todos van engordando a conta corrente.

pero, ó mellor, un día...

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera