baltar na galipedia
curiosamente, e ésto xa semella unha paradoxa borgeana, eu tamén son xosé manuel baltar e anque non teño nada que ver con ese intento por reescribila héxira do pepé cara a españolidade máis casta e cañí na galipedia, si teño que amosalo méu desacordo co vicepresidente da mesa do parlamento, sr. josé manuel baltar, e con esa teimosía súa, tan extendida entre os próceres da patria, acerca da necesiade de intervir nos medios e nos séus contidos.
cando dende os detentores do poder político se fala de regular ou de controlar de forma " máis estricta ", o que se está a decir realmente é que resulta necesario ir taponando os buratiños polos que se filtran os " hilillos " de interpretación da realidade que escapan ós medios masivos, transformando así calquera disensión nunha sorte de " librepensar " necesariamente punible ao socavar a unidireccionalidade que ten a trasmisión de información dende o poder ás masas.
ante a concentración das plataformas clásicas de información en torno a oligopolios económicos, o espallamento de datos e discursos a través dun medio razoablemente estable e extendido como é a internet representa un perigo para toda a clase económica na súa guerra global contra a poboación e por elo é normal que os séus esbirros políticos se adianten como dóciles peóns a impulsar trabas e regulamentos que poñan orden a tanto desmán e disenso.
e, si no medio de todo esto, se achegan informes maliciosos, toscos, tastabexos, terxiversados, torticeiros, impúdicos, insultantes, sonrosantes ou directamente mentirosos, que sexan os lectores quen os envíen directamento ao limbo do olvido sen necesidade de intermediarios. a liberdade de prensa no existe, non máis alá do que xa afirmaba paul sethe cando decía que esa facultade non era máis que a que se conferían douscentos ricos para establecer como válido todo aquelo que apuraba os séus intereses; todos leemos mentiras arreo cada día dispensadas dende inmaculados paraninfos que se revisten a sí mesmos de lexitimidade e metodoloxía; a inexactitude ou o engaño a través da rede é, no fondo, outro dereito do contribuínte, unha sorte de carnaval anual do pobre e, ó mellor, unha canalización dos devezos dunha comunidade á que xa a realidade non serve.
que non tema en demasía, pois, o meu homónimo ourensán nin as intervencións en séu nome na galipedia nin os comentarios insultantes de xoca ou os combativos de carvexa ( para nada innecesarios ambos, por certo ); aquelo de " nada debemos temer excepto as palabras " queda soio coma unha recomendación para a vida galante. na realidade, feitos son amores e este pobo e este país o que precisa son feitos, pois arrumacos e palabrería vímolos sufrindo fai xa moito, como calquera moza en edade de merecer que todos queren chupar pero ninguén preñar. está na súa man, josé manuel baltar, ser útil no futuro ou inútil como tristemente foi até agora.