Publicidad:
La Coctelera

baltar69

23 Marzo 2009

unha postal o sergas

un pouco máis de media hora foi o tempo que investín na mañán de hoxe, un primaveiral 23 de marzo, en tratar de xestionar unhas citas no hospital de monforte. esas consultas da paciente concepción díaz souto fóronme remitidas pola súa médico de cabaceira, cristinas rivas, do pac de chantada e a estas horas o intento resultou de todo improductivo.

eu son fillo da paciente e traballo en ourense nunha empresa privada , polo que os méus tempos ás veces entran en conflico cos tempos e cos sindicatos dos traballadores administrativos do servicio de saúde de forma que esta problemática xa a teño sufrido nos ambulatorios con moita frecuencia, pois ademais eu son un gran cliente da esta loubada sanidade: aquela nai e un irmán son crónicos e precisan receitas, revisóns, analíticas... teño un fillo que, polo menos unha vez ó ano, acude á consulta pediátrica no centro de mariñamansa e eu mesmo, de cando en vez, despacho con manuela valencia no centro de a carballeira...

pois mañáns enteiras gastadas para que me collesen o teléfono tanto en chantada como en ourense, oiga. ás veces xa ía eu ó sitio e, o queixarme, a operadora desculpábase decíndome que estaba soia para atender teléfonos e filas de cidadáns diante da súa ventá. eu, persoa tamén ocupada e respetuosa, nunca puxen en dúbida tal afirmación e nunca se me deu por preguntarlle para que estaba todo o elenco de damas que poboaba a oficiña detrás de ela.

hoxe, en monforte, igualiño. finalmente canseime de que me colgaran e pedín co director, pero por desgracia éste tampouco estaba; a súa secretaría tentou de pasarme de novo co servicio de citas previa, pero ela mesma constatou a imposibilidade de tal cousa o cabo de cinco minutos. e o director? está no centro, pero non se atopa aquí. ah, claro, estará para cousas máis altas que para departir cun cidadán. hai moitas comisións que mangonear con laboratorios, fabricantes de gasas, sumistradores de informática ou encargados de catering.

decíame o outro día miña muller, médico especialista neste sergas do diaño, que a sanidade aquí é de luxo comparada con outros pagos. non vou a negalo eu que teño viaxado e visto mundo, pero asegúrolles que o perigo real para estes logros non é tanto o capital privado nin os seguirores de milton friedman: son os propios traballadores do sistema, os séus sindicatos e os cadros políticos alternantes os que están a estragar todo esto.

teño que recoñecer que o sistema de cita previa para medicina de proximidade ambulatoria funciona moito mellor ahora que o sistema está privatizado, polo que non me oporía a que fixesen o mesmo co dos hospitais anque logo viñese a cig e a uxt falando de paulatina privatización de servicios e de perda sistemática do estado do benestar. do séu benestar, sopoño, pois o meu os séus afiliados non contribúen en absoluto.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera