o silencio dos influíntes
sopoño que os nosos líderes nacionalistas non teñen nada que decir do asunto polo que o xuíz baltasar garzón prohibe realizar campaña por calquera medio a duas forzas vascas cuxas listasxes foran previamente anuladas polas altas institucións xurídicas do estado español, sendo como son férreos defensores da legalidade e observadores implacables das resolucións xudicias que dictan os poderes da cohesión dende a vila e corte. e máis ahora, en pleno desenfreno electoralizante, polo que a influencia que pregonaban algúns que íamos ter en madrí haberá que queimala en outras cousas máis altas e necesarias ( como as famosas infraestructuras das que come xan e bebe pedro ) que poñer coto e freno a esta ignominia que, si mal non me equivoco mirando ó futuro, significa a liquidación total do estado democrático, certamente xa moi renqueante desde sempre, en gran parte da península ibérica.
pero non poderán sustraerse estes " influenciadores en madrí " de que a súa deriva ideolóxica e a súa vanidade está a plantexar a continuación dun goberno cunha importante sección do aparato ideolóxico que sustenta este artefacto vergoñento que é a lei de partidos, un " goberno de progreso " que se acha amordazado e preso doutro grupo, o pesoe, que sintetiza nos últimos anos a venta do séu propio electorado no altar do gran capital, a corrupción máis chabacana ( por que a dereita roubou sempre, pero nunca ás migallas como estes tarambanas ) e o terrorismo de estado máis flagrante dende o levantamento militar do 36.
médranlle, pois, enanos a quintana e a súa trupé nesta recta de meta na que andan: por un lado o intragable asunto do voto exterior, por outro as manobras dun estado decrépito empeñado en construir unha convivencia irreal a sange e lume a costa da liberdade dunha parte da poboación.
son demasiadas cousas, sumadas a todo o que xa había: plus dos altos cargos, reganosa, cidade da cultura, sogama... non me causa moita estrañeza que unha boa parte de votos se lle escapen entre ferrín e a papeleta nula que proscribe esta democracia garzona, votos que hoxe vexo por ahí, noutros medios, apuntarse frente a esta vergoña entregando o único que teñen xá, pois a súa voz, a súa palabra ( a nosa voz, a nosa palabra ) fai tempo que non é escoitada por nadie.
eu, con todo ( con toda a simpatía que profeso tanto os mentados vascos, como a ferrín e abalo e o mesmo bng ) vou absterme e pido, dende a miña solitaria plataforma, unha toma de postura semellante a todos aqueles que interpretan que o estatus actual xa non é válido.
en fín, pasados os fastos e asumida a máis que previsible consecuencia do retorno de esa dereita, ca que o doberman de guerra antes, zapateiro e blanco logo e quintana agora, gustan de asustarnos, non vai quedar outra que botarse a rúa e demandar co que sexa o noso espazo e a nosa liberdade como pobo galego, aproveitando o descreto e a ruíña na que a actual españa se sumiu.