Publicidad:
La Coctelera

baltar69

21 Enero 2009

propósito para o un de marzo

coido que vou deixar a responsabilidade de elexir quen me enferme no cuasi vindeiro lustro en mans de arxentinos, uruguaios, venezolanos, cubanos, suizos e demais.
en calqueira caso, e dando por sentado que os habitantes de eses paises levan moitísimo adianto con respecto ós tristes galegos do interior tanto en formación política como en espíritu emprendedor, entendo que esta postura miña de inhibirme no proceso do vindeiro marzo debería extenderse o resto do electorado excasamente preparado para distinguilas bondades de tanto abnegado servidor do ben común, sendo excepcións a este posicionamento aqueles cuio nome figure nas candidaturas, as súas familias até o segundo grao e todos os que comen directamente do circo administrativo, dende o grandioso san caetano até os apartados concellos do oriente.
o resto mundano, ó contrario do que sobre sí pensaba alfredo zitarrosa, non facemos falta: nadie se vai axitar nervioso se non comparecemos, así que non votemos, quedémonos na casa anque non chova, na cama anque non teñamos ó lado unha boa moza, que xa os de allende los mares se encargarán de por no cargo, ahora parafraseando a rubén darío, o máis manipulador e ladrón dos vencedores.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera