Publicidad:
La Coctelera

baltar69

16 Enero 2009

israel perde

non fai moitos días, no blog dun sobriño do coruñés salvador de madariaga, podía leerse unha declaración que viña a corroborar a derrota inapelabel de israel nesta infame campaña contra gaza:"israel, mi admirado israel, nunca pensé que pudieras ser tan cínico en tu generosidad bíblica", remataba o texto un abatido luis solana, irmán do alto representante para a política exterior da ue e membro da corrente máis proisraelí do partido socialista obreiro español.

e é ese cinismo o que asombra. dícese que unha das primeiras víctimas da guerra é a verdade, pero a táctica marrulleira de exposición torticeira da realidade cotidiana por parte dos nosos electos é de tal magnitude que se volve unha necesidade hixiénica denuncialo a cada intre. o mesmo solana, en posteriores textos, intenta recuar e buscar culpabeis nas filas palestinas a tanto desatino e cae, por suposto, nas vinculacións dos habitantes de gaza con eso tan inconcreto como é o terrorismo e ca cacareada seguridade que o país sionista merece e que o movemento de resistencia islámica hamas semella estar nas condicións de por en entredito.

pero eso non é certo. nin hamas en gaza nin hizbullah no líbano teñen capacidade real para intimidar o estado xudeo e a capacidade de influencia dos dous movementos na sociedade israelí é pouco menos que nula. pero donde sí poden achar cobizo os postulados de nasralah e de haniyeh é na poboación das monarquías títeres de arabia saudita e jordania e na república exipcia ( que até a "traizón" de sadat foi o enemigo máis fero de israel na zona ), paises donde a semente do panarabismo de fundamentación relixiosa está a prender perigosamente, amenazando con arrasar toda a organización que, ó servicio das antigas colonias, manteñen estes rexímenes.

así que as bombas xudeas non son tanto un despropósito sionista de dudosos réditos si non, máis ben, unha maniobra de destrucción urdida ca complicidade internacional e dos títeres árabes, totalmente necesaria para seguir controlando a rexión, máxime ahora que rusia busca apoios na zona con iran e siria á cabeza e turquía anda desgranando a que baralla quedarse si finalmente non é aceptada na ue.

sí, é certo que israel pon a música de fondo no convite, pero os fogos pagámolos nos todos e non lle quede duda ó lector que tamén somos responsabeis.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera