rosamar, cordero, rei álvarez...
parece ser que o equipo que emprega habitualmente helimer galicia, un sikorsky, estaba de revisión en noruega cando aconteceu o asunto do cordero. por elo foi enviado, co xa tristemente famoso retraso tan farfulleiramente explicado na comisión por toda esta caterva de malnacidos que nos goberna, un helicóptero de menor entidade, o dauphin n II, ferramenta glosada como óptima polos membros da clase política con responsabilidades no caso, pero rexeitada polos técnicos consultados por tódalas fontes que fun capaz de contrastar. inclusive o propio sepla critica o uso de esta aeronave ( que prestaba servizo no asunto prestige para a xunta como pesca1 e pesca2 e que foron trocados logo da experiencia co petroleiro polos sikorsky s 61 n ), que a pesares de ter maior autonomía, nin ten o aplomo do aparato norteaméricano nin a capacidade de voo estacionario automático, necesario para eliminar manobras no momento das operacións de salvamento, da mesma forma que o referido sindicato ten criticado os horarios e a conformación e formación dos equipos que helicsa, propietaria das aeronaves e concesionaria, ten contratados co ministerio de fomento a trevés da sociedade estatal salvamento marítimo.
desas foi o guindastre averiado ( recordemos que estes equipos acababan de revisarse na gran parada efectuada en noruega ) o que causa a morte de outra persoa, tal e como acontecera xa en agosto do 97 cando outros dous mariñeiros morreron nunha operación de rescate do rei alvárez II e non puderon ser izados por outra avería na grúa ( entón falábase que era a primeira vez que se tiña constancia dun fallo semellante ) nin conseguiron chegar á balsa na que o salvamar touriñán topou a dous supervivintes do palangreiro e ó rescatador que estaba encargado de izalos o sikorsky.
ahora, no caso do " rosamar ", topámonos de novo co helimer en mantemento e que o seu sustituto, en lugar de toparse na súa base en celeiro, estaba en alvedro. os tempos de chegada á zona do naufraxio son moito máis elevados dende a capital coruñesa que dende o porto da mariña lucense e, para colmo, as repostaxes necesarias ( que eu saiba, polo menos unha ) tivo que realizarse tamén na cidade herculina, polo que entre unhas e outras idas e vidas parece craro que se perderon en torno a unha hora e media nas tarefas de salvamento, tempo que pode non ser moito cando se rastrexan restos ó cabo de días pero que é inasumíbel cando se trata de rescatar con vida a náufragos.
por suposto nadie é responsable. sonche as cousas do mar, diría algún, traendo a colacción o cadro de sorolla como fixo onte na rg ese infecto sapoconcho residente na capital pero galega según dí de sí maría antonia iglesias. pero eu creo que son máis ben as cousas da terra, as cousas dunha administración alonxada en despachos da súa cidadanía e dun ministerio ( ou de varios ) que non queren saber nada de delegar as responsabilidades do salvamento en galicia e queren seguir a manexar o cotarro dende madrí.
non quixera pensar que, quizais, o concesionario do servizo, helicsa, non é competente tal e como afirman algunhas voces e que esta concesión está avalada pola amistade de anos que une a eduardo saavedra co mesmo rei xan carlos, pero esta negativa a descentralizar da capital do estado, que creo que non ten costas por ningún lado, este tipo de servizos públicos, tráenos a mente outros casos e irregularidades penosas cás que esta ineficaz casta directiva ten castigado a este pobo de choiva e calma o que soio concitan para votar e pagar impostos.