Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

9 Diciembre 2008

30 anos de constitución española

de tódolos grupos que compoñen a pirámide da poboación española, a meirande parte ( en torno o 60% da mesma, que supón uns 27 millóns de habitantes ) atópase entre os dazaoito e os cincuenta anos. pois ben, resulta curioso que a constitución en vigor fose refrendada por menos de 16 millóns de habitantes dos que, a día de hoxe, os que menos edade teñen están rondando a cincuentena, polo que todo o espectro poboacional que suma esa gran masa cidadana en ningún momento tivo ocasión de pronunciarse acerca dos temas que fai 30 anos se trataron.
unha sociedade sobre o papel madura e democrática non pode permanecer allea tanto tempo ás directrices polas que se regula a súa propia organización social e territorial nin pode asistir, impávida, a este rapto da súa vontade perpetrada a cotío por aqueles que se erixen como os seus lexítimos representantes dimanados dos acordos de aquel referendo, referendo que, non o podemos olvidar, realizóuse nunha situación e baixo unha óptica que a día de hoxe resulta totalmente distorsionadora da realidade na que se está a vivir neste lugar de europa.
así que nadie se escandalice da suxerencia que o bng fixo por boca de jorquera, por que máis que unha profunda revisión do texto, o que se debe é artellar un compendio novo por completo e si algo é de salvar da de fraga, herrero, peces barba e os outros ponentes, tan pomposamente identificados como os pais da patria moderna, son as anillas e as tapas con que arquivalos folios.
e esto é algo que teñen que ter máis que machigado tódolas organizacións de esta miserable partidocracia e a elas mesmas vailles no pelexo artellar as ferramentas que contribuan a súa propia lexitimación por outros poucos anos, pois en caso contrario corren o risco, máis pronto que tarde, de verse barridos pola contestación social, xa que o postfranquismo leva camiño de igualar en tempo ao réxime do xeral ferrolán e de momento non foi quen de supor unha rotura cabal cos lastres do pasado.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera