o imperio dos sentidos
nunha deseperada búsqueda dun pracer que permitise a trascendencia espiritual e física, os persoaxes da película de nagisa oshima " o imperio dos sentidos " afogaban o fluxo de osíxeno na percura dun orgasmo supremo sen reparar no inescrutábel fin que tal entrega precisa.
moi cerca dun colapso semellante estiveron estes días os membros da luxuriosa clase bancocapitalista internacional, a pesares da baselina e os oportunos boca a boca que medios políticos e gurús comunicacionais dispensaron as súas estructuras para manter a tranquilidade social das clases endeudadas; mais, este leve aparcamento das máis groseiros fames das entidades prestatarias, non é si non un lene afloxe da corda para que non morramos todos dunha vez e deixemos flácido o músculo pagador.
semella que, vista a cousa, renunciaron ó clímax exacerbado e que, de momento, conténtanse co floxo gustirrinín de notala dura e dentro. pero que naide se engane: chegado o momento voltarán a esixir de novo o seu cénit pracenteiro logo dunha meseta de dozuras tal que oméricas sereas. será xá entón cousa nosa, logo de véla fonda e abismal sima do seu sexo fagocitador e carnívoro ben aberto, seguir namorados como púberes e pregados o seu lisonxeiro desexo ou reparar noutros camiños donde a especulación putañenta non sexa unha moeda de uso tan recorrente.