Publicidad:
La Coctelera

baltar69

2 Diciembre 2008

... e fraga, fraga

sí señor. franco era severo.

severo, ascético, rígido, adusto e un tanto atiplado, esto último sen querer, según parecen coincidir tódolos séus biógrafos consultados. e pronto será tamén un santo, de seguir por este camiño a confederación episcopal, co cal a súa foto de sorriso sereno e peito lampiño cruzado de correas poderá volver ós colexios, polo menos ós concertados nos que os fillos dos traballadores xogan a ser burgueses de orden y progreso.

a suma de todas esas grandes virtudes, que na súa xuventude e madurez mesetaria fixeron de el un emponzoñable pozo de vigorosa virtude nacional católica, remataron por transformalo na súa vellez nun apacible abuelete que gustaba de lucir gafas de sol nas paradas do palacio de oriente mentras deslizaba tenues palabras acerca do discurrir polo universal da nación española, de todolos séus fillos bendecidos polo glorioso movemento nacional e a súa entrega acrisolada pola patria.

pero esa guisa entrañable, que comparte co tamén ahora ancián don manuel, non debe engañar en demasía a quen pretenda acceder ó estudo destas duas personalidades destacadas da política española e galega do século vinte. o rigor e o empecinamento presentes en ambos e o xeito de entendelo estado e as relacións económicas e sociais entre cidadáns e paises entréganos os retratos de dous conspícuos alicerces do capitalismo occidental, máis autárquico e proteccionista no caso do ferrolán mentras que o da chaira luguesa moceou máis cas trasnacionais, impelido pola súa formación anglófila, até que ahora mesmo nin é capaz de recoñecelo abismo que el mesmo axudou a cavar.

en calquera caso ambos conforman un par de abigarrados e implacables súbditos do antigo réxime do que o estado español nunca foi capaz de desprenderse e dos que maman, sexan sabedores ou non de ese teto, tódolos políticos en activo e forzas organizadas en partidos ou en sindicatos que existen na actualidade no artefacto legal español, uns como continuadores morais e ideolóxicos e outros como movemento de reacción que basa o séu discurso e a súa razón de ser en denunciar os excesos de tanta, hum, severidade, sen ser capaces, estes últimos, de propoñer alternativas reais ós modelos acuñados por eses dous galegos de pro e limitando a labor política a unha simple lavada de cara donde o pan, os toros e os desfiles baixo palio se trocaron polo marisco, o fútbol e o mira quien baila.

todo atado y bien atado, que diría o difunto xeral con aceno pontificador, e non é, polo tanto, extrano que tanto o sr. fraga, herdeiro directo do séu apreciado caudillo á par que o borbón e tantos e tantos outros, teña para o guerrilleiro guevara calificativos tales coma os que emprega tamén a industria da liberdade acuñada por jesús de polanco e a súa trupé de conselleiros delegados, auténtico vademecun de vaguedades para lectores naif como é o diario madrileño el país e as súas ramificacións mediáticas en forma de tertulias ou noticieiros televisivos, pois efectivamente o médico arxentino foi, para estes epígonos do ancient regimen na sua vertente liberal, un terrorista desalmado que intentou asesinar os soportes e fundamentos de esta sociedade corrupta e ladroa e establecer un novo marco donde o home poidese domeñar as forzas da historia e da economía.

e non estuvo ( nin estará ) soio ernesto guevara neste intento de dinamitalo conglomerado capitalista dende fóra e moito menos estarán soios os francos, os fragas e os polancos que vexo reflexados nesta nova clase democrática e presuntuosa por perpetuala explotación e a rapiña que, ahora, polo visto todos debemos denominar severidade e rigor.

servido por xose manuel 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

mery

mery dijo

Hola! Qué tal? espero que muy bien :) estaba navegando y me encontré con tu blog por casualidad. Te quería recomendar una página que encontré y que la verdad me pareció muy buena. Es una página que la configurás tu mismo, podés cambiarle el fondo de pantalla, agregarle contenido y pestañas. Te registrás gratis y personalizás la página a tu gusto, dejándola como más te guste.

ojalá te sirva como a mi, un saludo :)

Te dejo el link: http://www.sitioinicial.com/

2 Diciembre 2008 | 07:32 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera