Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

28 Noviembre 2008

dmitri medvédev e purgacións díaz na habana

coincide con medvedev e o séu séquito estes días na habana o purgacións díaz de san vicente de argozón que, ano sí ano non, cruza o charco para acrecentar tamén a súa bilateralidade co pobo caribeño, sobre todo co de sexo femenino.
ah, que mulleres, dime dende o outro extremo da mesa e detrás do fumeante prato de bacallau na bodega do senén. alí si que saben, non coma estas monas de aquí que, por encima de non saber nin foder, saltan coma pulgas cando lles mandas un piropo; a televisión fixo moito dano en galicia e as máis perxudicadas foron as mulleres.
e os dous mil anos de xudeocristianismo? eso tamén influiu de carallo, tercia o manolo.
hum, tamén, pero a tele é peor aínda. eso sí que é un veneno.
non creo que coincida moito este home ca comitiva rusa. e donde vas? o habana libre, o meliá cohiba? vas a varadero? ca, eu quédome con amigas, dime baixando a voz. non che me interesa o tropicana nin a bodeguita e, fóra da habana, sempre vou algunha vez a santiago, pero qué cona vou ir a varadero? eu non fago a ruta do turuta, levo uns cartolos e alargos para botar un mes ou un mes e pico. cumplir hai que cumplir, pero non o fan mellor os que van esparexendo ca carteira. eu vou pola mañán a plaza, regateo como en chantada ou máis, que non se pode un fiar dos negros e canto máis vellos máis ladróns; merco a galiña e as papas e facémolo zancocho na cociña da casa e logo botámola siesta e o que faga falta.
e tes moitas amigas?, interésase o vila.
algunhas, beh, aínda hai. paso uns días e logo, cando vexo que xa sobro ou que vai volvelo marido, marcho para outro lado. sobra onde ir, ho.
e non che queren diñeiro? insiste o vila.
diñeiro? diñeiro non hai, eso xa o poño claro ó chegar. cá. diñeiro? mecagonacorona. para mercar as pitas, o arroz e algo de ron. o porco xa nin se proba. algún ano teño perdido case dez quilos no viaxe.
quédase calado.
home, algo hai que deixarlles, para os rapaces e tal, pero a negra é moi viciosa. si lle das algo, na súa cabeciña debúxase automáticamente a posibilidade de logralo dobre; si empezas con moito fódete vivo. hai que soltar a pouco, coma ás galiñas.
come, come, dille o senén, enche o bandullo para levar boa reserva.

servido por baltar69 sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera