Publicidad:
Terra
La Coctelera

baltar69

26 Noviembre 2008

montevideo

ah, montevideo...
baixar de 8 de octubre á avda de italia por propios e perderse por algunha calle paralela, entre o vecindario que se senta nos pequenos xardíns a conversar, até agofar os pulmóns na rambla de pocitos contra a lene brisa dun atardecer de xaneiro era unha experiencia magnífica e, parafaraseando a josé carbajal, foi fermoso vivilo, pero aínda máis recordalo hoxe.
daquela a oito de octubre, frente o casmu e sobre a óptica florida, era o centro do mundo e dende alí miraba a noite pensando que esas constelacións que relampagueaban no teito da panadería son as que vira cafrune o caerse do cabalo e que si un ceo era fermoso para ficar para sempre era ese que miraba.
mais atrás, en juanicó, o pequeno fiat palio roxo descansaba aparcado, listo para unha nova correría: un día pola interbalnearia a la paloma, a castillos, o cabo polonio ou a barra de balizas donde, en plena praia, unha bandeira galega ondea ó vento e unha casa achegada o areal bautízase co nome caprichoso de chantada. chantada, cona, chantada...!!!
o albergue en castillos cheira a táboas de pino e péchanseme os ollos recordando o armadillo que atravesou a vía antes de rocha obligándome a unha rápida manobra. opps...
outro día o pequeno utilitario enfila a nueva helvecia pola ruta un deixando atrás o edificio antel para sumerxirme no xentío do paseo fluvial de santiago vázquez. ensóñome con descubrir os fillos dos valerosos mariños da graf spee conformando unha sociedade secreta que manteñen na sombra; outro deslízome polas suaves colinas cara villa serrana voltando dende minas, nunha noite clarísima co teito celeste que o ollo non recoñece pero que o cerebro asimila como propio xa, a punta del este para facer noite no art las cumbres donde almorzarei ben cediño xamón con tannat maderos de forma que, as once da mañán, xa estaba ben peneque para sentarme a ollar para a lagoa do sauce e escoitar o negro rada ó que uns días antes topara ca muller nun bar mentras eu esperaba un autobús de cutsa logo de facela compra no super disco e el discutía con ela uns pormenores da grabación de ese día. hum, san martín de porres...
montevideo, montevideo...
chegar de noite a tres cruces logo de quince horas de voo con escala en recife; logo dunha loca carreira de taxi dende ezeiza a puerto madero para collelo derradeiro buquebús, a enorme eladia isabel que demora tres horas en recorrelos corenta kilómetros escasos do río que separan a urbe bonaerense de colonia e ahí, antes de coller ás tres da madrugada o autobús para montevideo, sentirme, finalmente, na casa estando no quinto carallo. na casa, entre xentes que apenas murmuran palabras suaves nun idioma que ahora sinto vivo e delicado con ese acento que me enche de paz.
montevideo.
pasear por diante do edificio do nacional ou collela diagonal da avda centenario e arrear para o parque batlle y ordóñez e sentarme diante do estadio do peñarol: el templo del fútbol, el teatro de nuestra historia, decíame o gordo luís dende o asiento da camioneta volkswagen... ir xantar con don jesús e dona pasión á unión entre o xentío do mercadillo e o trote fuxidío dos hurgadores, sentarme nun banco cerca de artigas na plaza da independencia e mirar o salvo sentindo dentro a laura canouira e tararear mucho tiene que ver el río tíbio de tu espalda con mis incendios, tomar unha botella de viño na viñoteca que desemboca na peatonal sarandí e ollar de esguello o remozado solís mentras unha forza descoñecida me empuxa a rambla sur entre nenos que xogan nas aceras desconchadas polas árbores que brotan a cachón do cemento como a espuma das botellas de litro da cervexa norteña.
tocan y tocan el aire y las baldosas se apartan para que pase en silencio por durazno una llamada. para que pasen soñando con su cuerda de ilusión los cinco niños morenos y el fantasma de un tambor.

servido por baltar69 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

christian louboutin shoes

christian louboutin shoes dijo

* Muy buena, una vez que la parte superior!

3 Diciembre 2010 | 03:31 AM

trompetista

trompetista dijo

que recordos tes ti de montevideo jjejejejee

5 Diciembre 2010 | 11:17 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubem fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera