aparca e paga o chalé do alcalde e o mercedes do concellal
en ourense denantes seica roubaba cabezas; algúns do séu propio partido comentaban, asombrados e con envexa, que todo o que tiña amasado durante o séu paso polo concello non se podÃa levar ó lombo: fai falla un carro para mover toda esa pasta, amigo.
agora goberna o paco, tipo afable e sosegado e todas luces un ascendido casual, ca colaboración de alexandre s. vidal e o séu sombreiro de fieltro que oculta unha cachola exenta de pelo e luces. o poli, o gran derrotado que o pp local destiñou o matadeiro logo de tanta inquina concello/cidadanÃa como fomentou o propietario do pazo de piñor, afirma fai tempo dende a súa laguna estigia que este bipartito local está a custarlles ós cidadáns e contribuintes en xeral máis incluso que antes( está a custarnos logo, por que eu, anque non cidadán ourensán a pesares do apellido, sà son, ai, contribuÃnte ).
non sei exactamente de que vai a cousa e calquera é posÃbel pero o que sà sufro a diario é a persecución da policÃa local como propietario e usuario dun vehÃculo automóvil. e esa posesión está gravada dun xeito que roza o escalo por tasas, impostos e gravamens. hoxe pola mañán tiven que desplazarme co meu fillo a facer unha análise o chou: dende a concesión do parking a copasa e a limitación do aparcamento na finca do meu homónimo baltar, cada vez que teño que facer uso da sanidade acabo metendo o coche alà e cada vez veño a sulfurarme máis: hoxe entrei as 8,15 horas e saÃn as 9,07. o importe do estacionamento foi de 1,45 euros. non tiven outra que agradecerlle a zapatero os seus desvelos por cuidar con tanta profusión do bolsillo da cidadanÃa como tampouco tiven outra que indicarlle o traballador que atendÃa con desgana o tinglado que aquelo era un roubo e unha sinvergoñerÃa mentras el se encollÃa de ombreiros e me sinalaba un punto na lexanÃa: ali están as tarefas seladas pola autoridade competente.
ahora sÃ, mentras sifrimos estes abusos a diario, os nosos governantes mándannos ó cine ou o teatro para que éstes actúen de vaselina e non lles queimémolo quiosco. orden e progreso.