o quin
non estou moi seguro si o quintanismo é un camiño deseñado polos topógrafos da alta política examinando de forma minuciosa o chan electoral galego si, pola contra, é un carreiro de eses que fan raposos e xabaríns sorteando as dificultades orográficas e que, pouco a pouco, transforman en sendeiros de tanto transitar bichería por eles.
xa digo que non acuño unha idea concreta sobre o caso, anque a sensación que teño ten máis que ver có segundo caso que có primeiro.
boto de menos, pois, unha elaboración táctica máis asentada na realidade e na ideoloxía e menos nas tarefas de goberno, pois intúo que o partido ( ou partidos ) está a quedarse orfo de ideas e vai a remolque de esas institucións que para nada pertenecen á militancia se non o común da sociedade.
non é esto óbvice para que neste momento concreto sea bo o desempeño de quintana e a xente que está a facer " país dende o governo ", pero boto en falla un laboratorio de ideas, un ludolfo paramio, un gregorio peces barba ou mesmo un alfonso guerra, que aseguren e apuntalen un discurso intelectual e ideolóxico que traspase o actual marco pois, sí como é sabido pola máxima de newton, todo o que sube baixará , a caída do aparato benegá dende as alturas da vicepresidencia ( un presidencia, quén sabe ? ) quintanista será dura cando se produza.
e producirase, que de eso non cabe a menor dúbida.