a encrucillada do bloque
está ben que haxa posibilistas anclados na realpolitik que permite madrí e tamén está ben que haxa maximalistas que persigan cotas máis complexas; xentes que ven o vaso medio cheo ou medio valeiro dependendo, eso sí, da sede que teñen.
os que nunca tocaron ubre, coma mín, andan a vélo medio valeiro e parécelles unha tracallada e unha deixazón a lexislatura que agoniza. ós outros, os que viaxan no asiento de atrás dos audis, collen o avión galiza madrí e cortan cintas logo de sentarse no medio das mesas máis engalanadas, piden paciencia e confianza: máis poder para lograr maiores cotas, para acadar ser máis maniobreiros á hora de sacarlle os diñeiros a solbes.
cómo nas fábulas de esopo, cada sector representa ben as craras un sector da sociedade e tróuxome á cabeza o acontecido fai anos durante a campaña electoral dunhas eleccións municipais, nas que fun convidado ó mitín/céa dunha lista local que integraba moito bloqueiro resentido, algún que outro olvidado do entón náufrago pesoe e varios empresarios especializados en acadar subvencións públicas que achaban demasiado caciquil e insolvente ó partido popular.
o cabeza de lista era un paisano que me cae bastante ben ( que non trato máis aló do saúdo ) e no que coinciden duas actividades ben afíns á política ibérica: funcionario e constructor.
chegoume con escoitalo cinco minutos para olvidarme do mitin e porme á triste cea, xa que todo o séu descurso basábase en que, cara a esas eleccións, a ideoloxía non importaba e que o destiño de aquel ralo batiburrillo de persoas que compuñan a lista ó que viñan, realmente, era a encauzar a política zozobrante do concello de chantada e que, para tal cousa, facer gala de unha ou outra ideoloxía non importaba e, incluso, nin conviña: xestión, multixestión, polixestión e supraxestión era o que precisaba a capitalidade municipal e o séu contorno e para elo non era necesario estar adscrito a ningunha corrente en concreto nin ter lido a ideoloxía alemana ou a familia,a propiedade privada e o estado. cada un ten a súa, decía este candidato con voz afable e ollada confiada, pero damos este paso común na percura dun futuro mellor para todos e bla bla bla.
anque os resultados de esa intentona non foron moi estimulantes para a cuadrilla de este mestre, sí serviron para colocar nas poltronas municipais a varios dos integrantes de esta colorista plataforma de nome xa olvidado por tódolos contribuíntes, que aproveitaron a lexislatura para posicionarse en busca de novas maxias que os acercaran a ansiada alcaldía.
pero a perorata que vos endilgo ven a que esta fallida plataforma tivo o séu talón de aquiles, baixo a miña óptica, na súa renuncia específica á ideoloxía e de aquí debería sacalo candidato quintana e os séus postuladores e asesores un pequeno e sinxelo exemplo acerca do séu proceder. si, tal e como vaia cousa, acada bos resultados ( un ou dous deputados máis que os que ten agora o bloque ) a reválida estará salvada e manterase como líder, pero si a caga como a historia recente se empeña en pronosticar, non soio se quedará fóra do goberno, se non que deberán retirarse do dolce seno do benegá a oubear polos montes tanto el como uns cantos máis, que eu non os vexo dictando conferencias tipo bill clinton a 60.000 dólares hora. e o partido e a súa militancia quedarán ben tocados e, ó peor, abocados á desintegración. a pregunta é: merece correrse semellante risco se temos en conta o írtigo panorama que, sendo obxetivos, amosa a realidade ?
é indudable que os que están enganchados da vaca opinan que sí. e eu, no caso de eles, faría o mesmo.