Publicidad:
La Coctelera

baltar69

13 Agosto 2008

a bichería

en alcázar de san xoán un mozo vinculado ao partido popular foi fotografiado fai uns meses sostendo uns gatos mortos os que lles alumaban os ollos a luz do flash; non se apreciaba delito flagrante no feito pero montouse a de santo es cristo e coido que o bon de mariano non tivo outra máis que botalo da casa común da dereita patria.

na mesma poboación manchega un individuo foi imputado polo xulgado, acusado de lanzar contra unha parede das escaleiras do edificio donde vivía ao cadelo goffy; o cánido presentaba, tempo despois do acto incluso, graves secuelas psíquicas ( tremores, estrés e incontinencias ) que o levaban a facerse pipí na manciña da súa ama, unha sorte de gorda inmunda que depositaba toda a súa afectividade na escasa envergadura do chichí . para acabar, un veterinario constatara a perda parcial de visión nun dos seus olliños húmidos.

antonte vín na prodixiosa tv, concretamente no telediario estrella da era zapatero, que a organización equanimal lograba, logo do asalto a unha propiedade privada vestidos cuns monos tipo " a amenaza de andrómeda ", liberar tres galiñas rubias da maldade do granxeiro e dos séus fillos, aves que se recuperaban, a decir dunha redactora, nun dos centros que a organización ten para eses efectos. a espectacular nova tivo unha duración semellante a outra que se ocupaba dos enfrentamentos no cáucaso e, sopoño, solapou algunhas matanzas perpetradas por grupos humanos de demócratas cosmopolitas nas poboacións atrasadas de afganistán ou de áfrica.

ahora vexo o da agarrada do porco graso en ourense e pregúntome donde vai chegar a moralina de todos éstes ociosos que viven na terra e pensan que viven no ceo logo das portas de san pedro.

en fín, qué decir mentras non marcho tomalo vermú?

contareivos, para ilustrar a aqueles que non sepan de que vai a vida e a pirámide predatora, da que o humano é cénit, algunhas interesantes experiencias, xa que eu mesmo teño bichería: vacas, cans, galiñas... antes até tiña muller, pero decidín desfacerme de ela cando empezou todo éste azoute dos malos tratos: cando casamos non estaba tan mal vista a golpiza, o cachete no cú, a resposta destemplada ou o consello socarrón ante unha demanda orgásmica. a mín a man encima non ma pos, decíame logo de ver na tv o programa de mayte cabezas. pois así non me interesa, hala, veña para a casa da nai.

de vez en cando collo a machada e rabízolle o pescozo a un galo colorado para facelo a lume lento nas mañáns de domingo. non lle dou tranquimazin nen o aloumiño. póñolle a cabeza no talleiro e báixolle o mango; plack, a cabeza cae coma de luis dazaseis e bate un cacho aínda o plumaxe como querendo agarrar o voó que non daba enganchado nin de vivo. descanse en paz.

as becerras non levan mellor sorte, anque de elo encárgase un profesional, rápido como rambo na manigua vietminth: ca cota da bellota mándalle un mamporrazo na frente ó rumiante, que apenas ten tempo de proferir un muuuuú desorbitado o ver, cando o golpe e xa inminente, algo que viaxa coma un lóstrego rumbo a súa cachola cornuda. bamba, cae o cuadrúpedo, atontado e despistado mentras recorda levemente o sabor do pasto verde e do penso composto, xá un infame conglomerado de músculos, nervios, sangre e puses o que a súa forza ciclópea abandona presta pola pequena billa na gorxa que lle practica o matarife co xesto preciso dun nureyev da morte.

e qué decirvos de esa caterva de quinos que atendo con familiaridade durante o ano, pendente sempre que non lles falte comida e auga? trasladámolos á mesa entre cinco ou seis e sometémolos ca forza bruta até que a gorxa está accesible o afilado coitelo templado na forxa do josé de rubiás. a folla corta a pel como si fose un papel de fumar e entra na carne; viaxa entre a succión da sangre até o corazón e cando desgarra os tecidos coronarios o porco dá o séu último estremecemento e relaxa as esfínteres soltando un par de cagarrutas que se mezclan cos olores a inverno, chuvia e sangue que nos rodean.

os que me dan máis pena son os coellos, con esas orellas firmes e ese mirar tan manso. roen con esa boquiña e os séus bigotes bailan unha sinfonía de ternura mentras desgranan os vexetais verdes e o millo fervido. de pronto tópanse xirando no aire; eu sinto a fraxilidade dos osos das súas extremidades traseiras e a suavidade da súa pelaxe, pero un segundo despois xa debruzaron a sú cachola contra as pedras negras do cortello e caen languidos a altura dos méus tobillos. hai que apurarse e esfolalos en quente: a ver, tira por ahí, e o pelexo sae coma o xersei cinguido dunha puta, deixando á vista a maravilla da natureza que con agarimo se transformará en maravilla culinaria na cazola de chisporreante aceite andaluz.

pequenos exemplos dun comportamento atávico e violento dunha mente enferma, sen dúbida. dun nerón ou un calígula do noso tempo, pero alguén poderá incluso absolverme pensando que toda esta violencia está xustificada, pois estes actos están perpetrados ca intención de que tanto eu como a miña familia podamos alimentarnos. algo semellante, pondo un exemplo ben á época, ó que se ven obrigados os soldados estadounidenses no iraq.

pero non, e ahí leva razón meu fillo, aleccionado pola súa naiciña querida: mato moscas, mosquitos e de vez en cando algunha araña. piso formigas, esmago caracois e guíndolles coios ós páxaros que me escarallan o teito do pendello. e a patada que lle deches o can soio por que viñas de malas, recórdame o rapaz. e as golpizas as vacas xuvencas, qué?

esto é todo por que non podo mallar a dios, dígolle mentras a miña nai se santigüa.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera