ingrid
pois eu non me elegro nada da liberación da colombiano-francesa íngrid betancourt.
ou, mellor dito: non me alegran as formas exibidas polos medios masivos de información/desinformación nin polas dádivas e parabéns nin do goberno encabezado por álvaro uribe nin por tódolos corifeos e amanuenses que, polo orbe, se expresan sobre o asunto.
tanto a sra. betancourt como o resto dos retidos das farc que foron obxeto de esta montaxe mediática, pertenecen á oligarquía política e social dun país, colombia, donde a hexemonía do liberalismo a ultranza e o desprezo total pola vida e facenda dos máis menesterosos é un desastroso exemplo para todo américa latina.
ignoro si se tratou dun canxe, dunha venta ou dun acto de intelixencia e toma de forza por parte do exercito colombiano, pero o control de esas persoas parecía máis adecuado para as farc que o feito definitivo de perdelas tal e como sucedeu.
unha liberación pactada e negociada podía dar unha forza mediática ao grupo insurxente; pola contra, o resultado actual está ben á vista e, anque non coñezo en profundidade os impedimentos que impediron chegar a bon porto os esforzos de chávez e de piedad córdoba ( anque poda imaxinarme algúns ), dende un punto de vista político trátase dunha derrota para o movemento guerrilleiro e un balón de oxíxeno para os intereses que representa a administración uribe.
sopoño que algúns dos que pululan polo universo cibernético con retrúecanos ou trapalladas meridianas considerarán esta toma de postura coma un acto de apoio á violencia e algún incluso o terá tipificado, pero a loita vai moito máis por enriba dunha imaxe de abnegada mullerciña presa na selva sen tratamento médico e sen hixiene íntima.
ao lado da sra. íngrid topábanse, tamén, un trío de usaméricanos que os medios definen de forma magnánima, como contratistas. eu sei o que significa eso; sei tamén os intereses que defenden uns e outros; coñezo o camiño que correu o pacto andino dos anos 70 nos despachos políticos de todos eses vendefumes...
non me veñan con historias nin con trapalladas de salón. si non estamos cás farc, estamos ca barbarie especuladora, aquela que mantén 200 mil millóns de dólares en préstamos ó tesouro usa, ás multinacionais e ás bancas estadounidenses, europeas e xaponesas a unha tasa do 2% mentras que eses países pagan ao fmi, ao bm e ó bid préstamos ó 8% de interés. estamos con esa clase política que arbitra favores a la inversión extranjera, como diría calderón, ó tempo que malvende a propiedade de todos ás multinacionais petroleiras que lle entregan o maletín por debaixo da mesa. hai unha guerra entre ricos e pobres e si tomamos partidos polos primeiros de forma tan descarada case soio me quedan dous agrupamemntos para as persoas: os parvos, que serían aqueles que subliman o séu instinto e a súa intelixencia ante os bustos parlantes do telediario mediodía e os ladróns e criminais que apoian estes latrocinios.
atrás queda o ataque do exercito colombiano en chan ecuatoriano e a morte de un número de persoas que excede a vintena, entre os que se topaban varios estudantes mexicanos e un civil ecuatoriano; de este asunto os medios do antigo ministro do interior ( e responsable da morte dun xove en plenos sanfermíns no ano setentaeoito ) sr. martín villa non se ocupan, sabedores que o español medio o que lle interesa é a imaxe de abnegada nai de familia da colombiana ou o rutilante camiño en pos no número un do ilustre rafael nadal.