Publicidad:
La Coctelera

baltar69

23 Julio 2008

adios mi españa querida...

os idiomas son corpos vivos e como tales non evolucionan en condicións de laboratorio se non que o fan en contacto e desgaste con outros factores sociais, económicos e xeográficos.
ós galegos roubáronnos, durante moitos séculos, a nosa língoa, pero tamén nos roubaron as materias primas, a poboación, a conciencia e o orgullo de ser unha nación de séu. pero con todo eso hai que vivir e si ben non podemos coroar a xohana de raíña de galicia nin asentarlle a cabeza sobor dos ombreiros a pardo de cela, moito menos vamos recuperalo carbón queimado en meirama ou nas pontes reclamando ós actuais accionistas da privatizada endesa que o froito que lles entregou o ini era producto do roubo. teremos que construila nazón co que temos, con toda esa herencia imperfecta e tamén con ese idioma escindido e castelanizado por tantos séculos de paulatino desgaste.
ahora ben, o que non podemos xá e contar con madrí para nada. eles, os trastámara, os hasburgos, os borbóns, a súa nobleza e o clero, tan ben representado ahora polo noso arzobispo rouco, foron até hoxe fieles sostedores dunha caterva de grupos económicos con formas totalmente colonialistas que utilizaron os pobos da península para as súas empresas de enclave mentras enriquecían a metrópoli. cá publicación estes días dos balances do estado central e as autonomías, os expertos funcionarios do ministerio de solbes seguen a propagalo bulo da hipotética limosna que o noso país precisa para seguir existindo e do abismo no que se caería si buscamos máis autogoberno.
é todo mentira, son cálculos interesados e que para nada teñen en conta xa non soio o esquilmado se non o que continúan a esquilmar.
o problema non somos nos. nin a nosa economía nin a nosa fala, a outra mula con esa alforxa. o problema é pensar que o séu idioma ten o peso que ten e que o resto non ten nengún. pero é mentira, xa digo: madrí contribúe con pouco máis do 15% do pib e recauda case o 50% dos tramos impositivos e o galego, nas súas diferente formas e variedades, ten un área de influencia de case 300 millóns de falantes en catro continentes. e sí, haberá que facer un traballo grande para fixalo cerca de esta lusofonía, pero non acado que debamos transformalo en portugués: non fuxamos do demo para aliarnos con satanás.
pero, sexa como sexa, que lles quede claro a éstes do manifesto que esa españa pola que laian, acabouse.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera