concellos: a vergoña ó lado da casa
a maquinaria administrativa-municipal é para darlle de comer á parte.
un día teremos que pornos en serio a explicarlle á cidadanía de que vai realmente este asunto da administración de proximidade e das implicacións de esta nova clase política que conforman os gobernos locais cos séus funcionarios adscritos: escribentes ( perdón: administrativos, auxiliares), bedeis ( perdón: ordenanza de secretaría ) , gardas municipais ( perdón: policías locais ), obreros ( perdón: brigadas municipais ), etcétera etcétera.
así, cando examinemos en profundidade o feito, non creo que nos extrañe moito o destino otorgado pola sabia poboación de ayo ayo ó séu correxidor benxamín altamirano e teremos que facer algo de ficción e imaxinarnos un país sen toda esta gleba de alcaldes, secretarios, concellais de obras, encargados de iluminación, interventores, recaudadores, ediles de festexos ou responsabeis de mobiliario urbano ( tódolos sustantivos anteriores poden ser leídos, a maior gloria de bibiana aído, sustituíndo a terminación o pola a ), por que toda esta deriva administrativa constitúe unha enorme rémora para o desenrolo e para a actividade da poboación.
non pagan ós proveedores, xa sexan éstes as aeroliñas arxelinas ou os do miúdo, pero eles, toda esa infausta tropa, leva as nóminas ó día e rinse de los pajaritos mentras o resto dos conveciños accarrean cara eles os tributos que denantes se carrexaban cara a casa do médico ou do terratenente.
é o prezo do progreso. e da orden, imaxino.
pero a mín non me interesa e quería ver de baixarme: podo eu, cidadán, prescindir de méu concello? podo eu negarme a aceptar os séus servizos e a súa autoridade e declararme insumiso municipal? podo eu non ser de ningún concello, non figurar e ningunha lista, non estar empadroado en ningún lado? por que eu non necesito do concello para nada. e vos tampouco.
florece por todos lados a propaganda favorabel a concienzala poboación cara o abandono, por exemplo, da igrexa católica; éste é un feito de hixiene necesaria ante a pasividade das administración que xogan a carta da laicidade segundo lles vai nas enquisas. pois ben, eu animaría a poboación a apostatar tamén de ese insultante reducto de corrupción e carroñería que supoñen tódolos concellos, pois a meirande parte dos servizos que dín desempañar son vulgares solapacións de funcións que podemos demandar noutras administracións.
soio os propios traballadores de esas corporacións ( traballadores esta panda de haragáns??? ) así como os persoaxes encaramados nos apetecidos cargos políticos sacan auténtico rendemento de esta pantomima. eles e os catro empresarios e especuladores que levan de comandita.
pois eles, si son os que os precisan, que os paguen. a mín que me den a exención, que me fago ermitaño municipal. dou palabra de non ir a buscar convalidacións nin certificados, pero xa está ben de roubarme e, como sigamos nesta, ó mellor o día menos pensado dame tamén por empezar a cobrar algo do que me adeudan todos éstes nefastos e non recoñezo mellor método que os empregados en latitudes americanas, que por algo, e anque o galego que se mira o embigo non o sepa e se crea o culmen da especie, sempre van á vangarda.