óscar pereiro
fai uns meses, durante unha de esas insoportables haxiografías dos persoaxes do deporte profesional ás que nos teñen acostumados os medios de descomunicación visual, os espectadores demasiado abotargados para trocalo canle seguíamos varios aspectos da vida cotidiá de este rapaz pereiro.chamoume a atención que todo se desenrolara en galego, excepto cando o ciclista se despedía da muller e do fillo pequeno, momento no que utilizaba o castelán.
déime conta ó momento que óscar non era unha persoa afín a teorías galeguistas tal e como tampouco foron permeables a elas a meirande parte dos deportistas profesionais que ten parido esta terra e para nada me sorprendín: é un home xove, centrado na súa ocupación e coido que o séu nivel tanto intelectual como de compromiso político e social é o común á meirande parte de cidadáns dun nicho profesional e vital homónimo, donde as preocupacións básicas van do bmw á hipoteca pasando polo seguidismo cultural e a obsesión da vida sana ( que como ben é sabido, anque non baremado, leva indisolublemente a morrer sano, cousa que os gurús televisivos suelen obviar para non levar a poboación ó pesimismo crónico ).
o que sí me chama a tención é o devalar dos medios galegos na búsqueda de figuras que apuntalen unha determinada conciencia de galeguidade, esa búsqueda absurda que me recorda a insoportable cantinela que os medios madrileños, públicos e privados, fan de outras figuras deportivas para apuntalar a concincia española.
é certo que o sr pereiro ten todo o dereito a expresarse no idioma que teña a ben coñecer ou imaxinar como máis axeitado en cada momento e, a súa vez, tamén é certo que tanto el coma os outros firmantes teñen dereito a posicionarse tanto intelectual coma políticamente após unha ou outra cousa, pero, vistas estas actuacións e o séu transfondo, creo que está ben as claras a necesidade dunha política lingüistica até certo punto belixerante ca aparente e glosada harmonía biidiomática na galiza; unha política que debe transcender ó propio feito do idioma e da súa aprendizaxe e normativización para premiar e concitar como creadores de opinión a persoas con capacidade de síntesis algo máis cabais ( sexan do espectro ideolóxico que se queira, por suposto, pero xente que teña algo máis de que falar que de pelotas e botóns ) e non andar a facer moreas e país no lombo dun fato de chiquilicuatres cuia indixencia intelectual, máis alá das súas habilidades deportivas ou do séu éxito empresarial, é notoria.
pero para eso, xa digo, deben trocarse moitas formas e a clase política que teña unha imaxe e unha idea compacta e consecuente de país, debe escapar de eses fastos e de apoiarse nestes persoeiros, así como a prensa mínimamente comprometida debe achegar ó cidadán poutas e persoaxes máis sólidos e deixar de enchelas horas de programación, pagadas por todos a través dos impostos, de vagatelas e lugares comúns, criando para seu propio beneficio ídolos mediatizantes á maior gloria dos anunciadores e pautadores. estes esquemas debrían respetarse sobre todo nos medios públicos ou con subvención, que do que publiquen os privados autoxestionados non teño nada que decir.
anque, ó peor e para iso, igual hai que remover moitos cús adscritos o intocable funcionariado de café a media mañana y salida a las tres piemme.