quen son os traballadores?
sería tan amable alguén de facerme unha relación de quen son traballadores e quen non o son.
gracias, porque parece ser que os camioneiros non son tal cousa; non sei si tódolos outros autónomos ( carpinteiros, pintores, albaneis, escaiolistas, taxistas... ) tampouco o son e teño xa escoitado, por ahí e por alá, a algún colaborador mediático empecinarse, ca súa habitual incapacidade para expresar de forma coherente o batiburrillo de interesantes propostas que se remexen dentro da súa cachola cana, en entroncala protesta actual ca desestabilización do mismísimo allende no chile dos anos setenta.
como dín que tampouco os gandeiros, pescadores e labregos son traballadores, de forma parella intúo que todos aqueles que non teñen representación sindical na ugeté, no cesif, nas cecé-oó ou na ciga tampouco merecen calificarse como tales e que todos pertenecen ao gremio empresarial tal roberto tojeiro, á burgesía comercial como amancio ortega, ao grupo dos profesionais liberais coma stampa braum ou á nobleza latifundista coma a duquesa de alba.
eso déixame, apenas, como traballadores forxadores de país e futuro aos conselleiros delegados coma o que pontificaba en renglóns anteriores a chegada dun inminente pinochet a las españas detrás do desfile de ivecos e de volvos, os liberados dos síndicos e da esgae ademais da fauna funcionarial e adminsitrativa que se queixa por que se está quedando sen leite enriquecido con omega tres e teme non dar cagado nuns días.
ó mellor é así e eu estaba despistado, de ahí que agradeza a calquera que teña un chisco de bagar me faga chegar esa listiña para eu entender mellor a cousa e non ter que darlle, por unha vez, a razón a pedro arias e decidir que aqueles por quen votei non son máis que unha pandilla de mexapilas incompetentes tan autistas e ensarillados en sí mismos coma os mangantes que pululaban pola xunta na era fraga.
obrigado.

tnsdeavila dijo
Amigo, has acertado en todo tu análisis, los autónomo no son trabajadores, pero no lo son ni en la ley, y por su puesto no son empresarios, puesto que utilizan sus manos para trabajar, vamos, que trabajan como el vulgo. Y tampoco eres trabajador si no estás afiliado a ninguno de los sindicatos del sistema, esos chaperos que nos venden a las grandes oligarquías económicas, y que desgracian al pequeño, pero nunca van a por el poderoso.
Los políticos, sean de donde sean no son autistas, ni sordos ni tontos, hay un refrán que dice que no hay peor sordo que el que no quiere oir, y estos, mientras les vaya como les va, no van a querer oir en la vida.
Saludos.
12 Junio 2008 | 04:40 PM