eu acuso
a actual carreteira nacional ( n540 ) de ourense a lugo data dos tempos da olimpiada catalana, cando o borbón sorría ca bandeira en ristre e o chapeo branco cortaba o aire, e , orixinariamente, tiña un firme excelente que, si ben se amosaba algo abrasivo cos neumáticos dos automóveis, aseguraba unha perfecta drenaxe da auga da choiva, que como sabe o lector ( pero sopoño que descoñecen os directores xerais e empresas de emulsións asfálticas ) é unha característica climática recurrente por estas latitudes.
paulatinamente, ese firme fóise actualizando ( en ocasións sen necesidade aparente ) e reparcheando en pequenos tramos por capas de asfalto escuro sen a mínima propiedade evacuante, de forma que mantén charcos nos puntos en que o firme é irregular e tramos completamente empapados cando se trata de superficies homoxéneas e sen caída.
nas aforas de chantada, concretamente na parroquia de pereira, nos lindes do concello con carballedo, unha pronunciada curva foi " actualizada " de esta forma fai uns anos; creo que xa van dous ou tres mozos mortos nela o perderen, todos, a tracción na saída da mesma cara ourense en días de choiva, da mesma forma que acabou na cuneta diante de mín, fai uns días, un automovilsita portugués ( xa que vai de esto a cousa eses días, logo dos accidentes da fin de semana pasada, remarco a súa procedencia ) que, por fortuna, soio tivo que lamentar uns danos de pouca consideración no opel que conducía.
eu acuso, o modo de zola, á empresa ( ou empresas ) que están a repavimentar ou a mendala vía; e acuso ao responsable ( ou irresponsable ) político que permite este desmán e a tódolos técnicos que cobran os séus emolumentos da cidadanía e calan a boca. todos son, por activa ou por pasiva, responsabeis de esas mortes: asesinos, utilizando un adxetivo concreto que trasmite unha imaxe ben boa de fixar nos lectores que me siguen.
asesinos e desalmados criminais, e non vería mal que ( tal e como algún furibundo pai de familia fixo co controlador suizo que ocasionou, por desidia, o choque do tupolev 154 e do boeing 757 fai uns anos preto da fronteira con alemaña ) alguén se tomase a xustiza pola man nestes temas, por que así, ó peor, esta administración era un pouco máis dilixente nas súas responsabilidades e non soio en facelo calendario estival de vacacións ou en reclamar máis minutos para o café.
por que por señais verticais non é, que xa teñen posto tantas que até unhas entran en contradición con outras e, si casualmente, algún conductor tivese intención de visualizalas todas para cumplir o que nelas se demanda, os coches, tal e como os avións, necesitarían copiloto.