Publicidad:
La Coctelera

baltar69

20 Mayo 2008

os bravos

alixeirado un pouco o párrafo ( pero non sacando nada de contexto ), xesús fraga escrebe, no traballo vencedor do consuso de artigos normalizadores do concello de carballo: " o bravú acusou ( ... ) o limitado atractivo musical das súas propostas".

coido que o autor amósase piadoso en demasía co racarraca de tan infausto subxénero. este ruidoso aquelarre, pretendida herdanza do grunge frío máis ( + ) o radical vasco multiplicado ( X ) pola pachanga escalítica e dividido( / ) polos sons conxunteiros do texmex e do ballenato diatónico e a cuio resultado sempre se elevaba ó cubo ( 3 )da muiñeira e do alalá, perpetrou unha serie de produccións que para nada chegaron á dignidade do que se podería chamar terrorismo sonoro, quedándose máis ben como gamberradas de mozabalbetes contumaces escasamente ilustrados.

a resposta popular ó fenómeno foi igualmente rácana e o enfervorizado público aceptou aquelas tunadas nocturnas sempre e cando non implicasen un gasto económico directo e a música non interferise, económicamente, co desempeño habitual de tragos e porros, de forma que foron as administracións ( ah, eses concelleiros de cultura das nosas vilas algún día terán tamén a súa tonada brava) quenes correron cos gastos ante a imposibilidade dos supergrupos da onda ( diplomáticos, rastreros ) de venderen máis dunhas ducias de cds ou vinilos en ambientes alleos aos frecuentados por tíos, primos e demais familia e persoas piadosas.

a grande maravilla foi que, aínda así, serviulle tal tinglado ó gordecho xurxo souto para colocarse coma un dos homes espectáculo das galicias. logo da espantada do tamén ben cebado reixa cara a producción de contidos, da internacionalización dun cañita brava cada vez máis demandado polos grandes da cinemateca madrileña e da morte de llombalan, logo do periplo usa, o polifacético coruñés do barrio de montealto inda foi quen de rematar como xefe de programas de esa cousa que se chama tevegá, ascensión cenital soio comparable á de pérez touriño e o seu desembarco nun monte pío no que nin medraban as xestas atendidas polos máis grandes botánicos de tragsa.

ah, jalisia, jalisia...

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera