a xunta
esto é un pesadelo!
crin que era cousa do pepé, daqueles aprendices de tecnócratas engominados que levaban o prestige arriba e abaixo sen saber para donde, mentras se daban coba de grandes xestores nas comparecencias amañadas por brigadas de asesores e becarios...
pero ahora é o mesmo. goberna o pesoe e o bloque e as cousas seguen pasando de idéntica guisa, mentras os responsabeis limítanse a collelo sobre a fin de mes e a escurrilo bulto no coche oficial á espera de que os chamen para un posto directivo na fenosa ou nos montepíos das caixas de aforros.
é unha administración podre, servil e haragana esta nosa. a connivencia dos poderes económicos e políticos fixérona medrar á imaxe e semellanza dos pancistas tardoburgueses do entramado caciquil e así nos vai en todo: pagámolos seus salarios e recibimos desdén e pésimos servizos de esta insólita caterva de enchufados que levou portomeñe e compañía desde as naveiras os despachos.
e o peor é que nengún partido político, nengún sindicato, nadie, parece disposto a poñer coto a esta vergoña. é xa un lobby demasiado potente, unha hidra con miles de cabezas afeitas á rapiña.
pero un día de estos o cidadán vaise cansar de pagar, vanse fartar de esta ignominia como xa o fixemos uns cantos. e cando sexamos bastantes nin lles servirá o telexornal nin a policía autónoma, non lles chegará a brigada local nin o grumir nin a cohorte de lamecús nomeados a dedo que nos carcomen as entrañas e entón, entón si se van contaminalas augas do miño. e do sil, do eo e do ulla, por que serán as canles de desagüe que usaremos para desfacernos desta basura, desta merda que nos abafa.