Publicidad:
La Coctelera

baltar69

18 Abril 2008

leo bassi, unha revelación ourensana

fun ver onte a obra de leo bassi " la revelación " que programaba no auditorio ourensano a miteu 2008 e apenas podo dar creto do que alí presenciei.

tiña escoitado cousas acerca de este suposto axitador pero nunca imaxinei presenciar tamaña pantomima, semellante insulto á intelixencia do espectador, trasunto de obra ou traballo creativo tan vácuo e insulso coma aquelo que o italoaméricano ( resístome a calificalo de autor, actor, paiaso... o sr. bassi escapa a calquera calificativo que non sexa o de estafador aproveitado; un persoaxe arquetípico, ben en boga nos nosos días de estulticia sementada por uns medios de comunicación empecinados en valeirar de ideas a mente dos contribuíntes e enchela de fume) dice ou pretende combatir.

os séus chamados á ilustración, á sabiduría, á independencia, á visión racional da vida compoñen a trapallada máis grande que pode pisar un escenario e, dende un punto de vista deontolóxico, arrastran os xestores de diñeiros públicos a un lastimoso nicho de podredume, xa que este tipo de productos da subcultura de masas máis tastabexa para nada deberían tomar acomodo dos fondos públicos que representan o esforzo cotidián e serio de tódala cidadanía.

o producto, o resultado de estas diatribas vergoñentas do impostor bassi, carece de gracia, de ritmo, de intelixencia, de chispa... parece imposible que, nas máis de duas horas en que este aventaxado membro da márxe máis inoportuna da escola cínica desgrana o séu suposto ideario polo escenario, nin unha sola idea brilante xurda da súa boca, nada que poda servir de oportuna reflexión a un auditorio mínimamente interesado. é todo un cúmulo de despropósitos plomizos, aderezados por veces cunha certa ramplonería e cun escúalido gusto por unha escatoloxía primitiva e estúpida, que nin faría mella nos alumnos de primaria das carmelitas vedrunas nin dos discípulos máis tiernos e aplicados de juan bosco.

dígovos que, aínda ahora, me atopo absolutamente anonadado. resúltame inconcebible que alguén poda amosar o mínimo interés por tamaña trapallada. desculpo ós que van o fútbol o domingo, ós que gostan de ir xantar a feira da peroxa e aos que poñen esas luceciñas azuis nos capós dos peugeot 309. desculpo ós que mercan discos de camela, a quen opina que o galileo é alta cociña ou a aqueles que leen libros de pérez reverter e creen estar presenciando un feito literario ou unha aventura cabal... podo desculpar até ós que van á misa de vez en cando ( a pesares de que eu tamén creo, dándolle a razón a leo bassi en algo, que estamos sendo demasiado permisivos con esta lacra infecta que representa o feito relixioso ), ós que opositan para calquera corpo de calquera administración e ós desertores do arado que traballan rapiñando automóviles ca abusiva grúa municipal. pero non podo desculpar o tempo que esta vaharada de merda me empantanou, non podo descupar ós que onte non nos levantamos aos vinte minutos de tan vergonzosa ponzoña nin a quen foi capaz de programar tal desaguisado no marco de esta mostra de teatro á que xa non voltarei, pois nada do que poida ofrecerme poderá limparme a dignidade que mancillou este caballerete, este ladrón ( non merece outro nome; o sr leo bassi é un ladrón, un sisador, un trilero, un estafador con páxina web e presencia mediática que enseña, ben ás claras, o triste papel dos medios, como xa comentaba máis arriba ) de minutos, de dignidade, de intelixencia.

á merda, pois, señor bassi. váise vostede á merda.

seguro que non está alí sóio, pero é o séu lugar, non o dubide. non é bostede nin o bufón que pretende ser nin o paiaso que por veces rememora. soio é un magnífico exemplo dun país e dun tempo desestructurado e amorfo; aconséllolle que volte ás sorprendentes capacidades malabares co piano negro e deixe a crítica e a política para calquera máis versado, por que o séu é, realmente, penoso.

anque indudablemente lle estará a dar bos réditos e, dou por sentado, para vostede esa é a única relixión tolerábel.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera