Publicidad:
La Coctelera

baltar69

1 Abril 2008

armas de intoxicación masiva

dou por sentado que tódalas cadeas de televisión e tódolos medios escritos de discurrir masivo nas democracias capitalistas occidentais falsearon mediante manipulacións, cando non con enganos, os feitos que aconteceron nas derradeiras semanas co galo das protestas e desordes na rexión autónoma do tibet.

tanto a cnn como a bbc usaron imaxes trucadas e descontextualizadas, como ven sendo habitual nestes adiantados seguidores da intoxicación vestidos cas teorías da liberdade e dos dereitos humáns, e secuencias tomadas noutros lados alleos o territorio chino ou tibetano ( no nepal, por exemplo, varias manifestacións foron reprimidas, ó igual que na india e tanto os pes de foto como as voces en off dos redactores falaban da represión da policía china ) foron introducidas para incriminar as forzas de seguridade china como os responsabeis de estas algaradas, cando parece confirmarse que a intervención das tropas levouse a cabo para impedir actuacións violentas en contra de comerciantes e grupos étnicos escasamente acomodaticios cas lerias acerca do karma dos seguidores do enésimo lama.

si ben en algúns casos estes " informadores " interesados son de sobra percibidos pola cidadanía como escoria polo trato e nula rigurosidade exibido, totalmente entregados a un concepto de periodismo espectáculo que únicamente busca atraer a atención dun público morboso á desgraciadas situacións da crónica negra ( caso da nena que apareceu morta en huelva e que encheo os minutos de noticieiros que obvian día a día os mortos que a inxusticia ocasiona polo orbe ), noutras ocasións adiviñase a presencia de cabales gabinetes de desinformación para que a poboación sexa manipulada no sentir colectivo e non resulta tan perceptible polo telespectador ou polo lector este engano, máxime cando cando tódolos medios, independentemente dos escasos matices que intercalen, os repiten até a saciedade, o que lle otorga a estas tergiversacións un viso total de realidade tan constatable como que chove cando chove ou que duas e duas son catro.

esta visión sesgada e maliciosa da r.p. china non se debe a casos de ignorancia ou de racismo ( ben presente na nosa cultura, por moito que se pretenda lavar éste con billetes de euro ); débese, nas máis dos casos, o interés que os grupos capitalistas occidentais defenden e a posibilidade de que o país asiático se asome ao banquete das potencias sen abonar nengúns dos peaxes que os cidadáns do " mundo libre" pagan a cada momento pola tutela que os siervos do capital teñen imposta. de ahí que estes pequenos intentos de desestabilización non sexan máis que guiños á galería, un pequeno conflico perpétuo de desgaste e de reivindicación cara unha galería que pretende entronizar no noso actuar unha categoría moral e intelectual que nos sitúe como o punto de inflexión na moderna teoría social.

occidente necesita á china, hoxe como inmenso polígono industrial e mañán como gran mercado, pero pretende lavar as mans ante o seu electorado á maneira de pilatos e vendernos a todos que son un país deleznable pero que non temos nada que facer mentras ese goberno tiránico siga rexindo os intereses do enclave máis poblado do mundo.

pero nos coñecemos a actuación histórica de estes católicos de pacotilla que temos aquí pululando. non saberemos moito da china nin de como funcionan as estructuras de poder no país comunista, máis sí sabemos do prezo e da rapiña do imperialismo histórico e actual: sabemos quen foi metrópoli ladrona e quen foi colonia, sabemos quen desencadenou a vergoñenta guerra do opio e tódalas outras guerras que asolaron o mundo dende 1.692... nos xa o sabemos, a pesares de eses tristes laboratorios de mentira e non vamos berrar de novo que solten a barrabás soio por que sepan contárnolo con tono doce e mesurado. si van soltar a algún, cidadáns, que solten o que non ten culpa. e se alguén se postula para o futuro como potencia, que o faga quen, de momento, non ten demostrado ser un imperio de inquina e rapiña como coñecemos foron españa, inglaterra, xapón ou os estados unidos.

servido por xose manuel 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

argentino agustin gomez

argentino agustin gomez dijo

Faltan algunos: Holanda, Portugal ................atte.-

1 Abril 2008 | 03:39 PM

Ramsés ....

Ramsés .... dijo

Ya, osea que los chinos son cojonudos ¿no?.

Vosotros si que sois intoxicadores.

¡¡¡¡Boicot a China!!!!

1 Abril 2008 | 04:12 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera