Publicidad:
La Coctelera

baltar69

17 Marzo 2008

xitanos

ca paulatina imposición do capitalismo no occidente de europa, moitas tradicións foron caendo en desuso ou directamente foron abolidas polos lexisladores afíns a este sistema económico e social en nome do progreso e da liberdade. baste con rememorar a importancia que as festas tradicionais, de fondo contido relixioso pero tamén de lúdico intercambio comunitario, tiñan en galicia non fai moitos anos e como foron barridas dos calendarios a fín de "racionalizar" a semana laboral.

esos cambios en pos dunha maior versatilidade á hora de convivir cun réxime tan pouco humanitario como é o capitalismo, deron lugar ó que moitos hoxe denominan " sociedad actual", " sociedad avanzada", "sociedad democrática" e varias denominacións máis que non deixan de ser máis que meros paliativos consoladores dunha realidade ben máis oscura e insolente. moitos de eses trocos vémolos hoxe perfectamente nítidos e témolos, algúns, interiorizados como formas convenientes e cabais de relación social: dende enviar o xubilado á residencia como antesala da morte a pasear ós nenos por distintas aulas e escolas o non ter tempo de atendelos no fogar até abandoar as tradicións festivas clásicas, tal e como se expoñía na cima, para santificar todo no altar do traballo. todo a maior gloria do mercado laboral, da competividade e do progreso que nos trae as lavadoras que secan a roupa e o coche automático alimentado con gasoil ademais da realización persoal que non somos capaces de acadar noutros niveis.

o pobo xitano foi, pois, moito más fiel as súas tradicións e non se amosou tan permeable os beneficios do sistema económico imperante. de ahí que cando un de eles enferma, unha grande cantidade de familiares se aposte a súa beira no hospital mentras que nos, os grandes integrados nos valores do mercado e pontificadores da nosa realidade como a máis depurada das fórmulas evolutivas para o xénero humano, apenas topamos tempo para chamar por teléfono a ver como está ese familiar cercano o que acaban de operar a corazón aberto. por eso non resulta moi de estranar que nos chamen payos, con certo desprezo e aire de superioridade o entenderen que os xitanos son un pobo ben máis humano e cabal que este outro que tilda alegremente de sudacas e payoponis aos inmigrantes sudaméricanos.

o que así se pode razoar é que o pobo xitano está menos domesticado e quizás esa certeza de representar ante nos, os cosmopolitas de salón, esa imaxe de rebeldía, de forza da natureza primixenia á que nos decidimos renunciar para transformarnos en meros consumidores, pode inducirnos a velos como elementos perigosos, pero eso é por que estamos mediatizados e como bos ignorantes sempre estamos a ter medo de aquelo que non somos capaces de entender, resultando o asunto do tráfico de drogas unha convinte coartada para o noso racismo, a mesma que empregan por certo os estados unidos contra as farc, contra os talibáns ou contra o que denominan " enemigo interior " e que soio intenta lexitimar a súa política invasora e corrupta.

ignoro as condicións económicas nas que estas persoas acceden á propiedade dos seus inmobles anque entendo que, a maiores de algunhas axudas as que en moitos casos temos dereito tódolos cidadán, todos pagan por eses accesos, por esas propiedades e a creación de eses grupos de oposición ó concurso de estes cidadáns a establecerense nun determinado punto non pode nin debe ser consentido polos poderes públicos.

si logo estes xitanos teñen algún comportamente delictivo, que eses poderes os sometan o seu arbitrio tal e como se faría con calquera outra persoa, pero o feito de impoñer políticas preventivas tamén na convivencia non augura nada bon a esta sociedade galega. aquí non temos nin precisamos " enemigos interiores ". si alguén teme que non se lle revalorice o cuarto bé do bloque tres por que alí viven xitanos ou si alguén teme que o neno na piscina lle colla algún xermen tóxico por compartila auga co pobo romaní, está no seu direito e poderá tomar as medidas oportunas tales como vivir ou bañarse noutros lugares, pero será imposible convencerme de que leva razón.

servido por xose manuel sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de xose manuel

baltar69

chantada, España
ver perfil »
contacto »
eu son x.m. baltar díaz, de chantada. xa fun máis xoven, pero espero ser moito máis vello e ter tempo de tocarlle o carallo a toda esta tropa que nos anda a foder. quero vivir moitos anos para poder matalos a todos, como decía aquela persoaxe de rubém fonseca. traballo por que non hai outra mentras non se instaure un imposto ou unha tasa que me sufrague os gastos; apenas vexo tv e non me gusta ir o cine nin leer a arturo pérez reverte. non creo en dios e tampouco na sorte; dende pequeno tiven presente que vale máis páxaro en man que cento voando e que o máis importante é non mancarse, que de caer de vez en cando non hai quen nos libre. teño un fillo e preocúpame de certo o mundo que serei capaz de legarlle.

Fotos

xose manuel baltar diaz todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera