eliot spitzer e os novos emperadores de galicia
vaia ho, xa non funciona a web de esa interesante e lúdica proposta estadounidense, www.emperorsclubvip.com, pero leo por ahí tarifas de até 31.000 dólares ( seven diamonds ) por unha faena diaria; cecais para os bolsillos pobres coma o meu e da maioría dos lectores é unha minuta un tanto exacerbada, pero vendo o que teñen para ofrecer ó hipotético cliente ( www.huffingtonpost.com/2008/03/10/emperors-club-all-about-_n_90768.html ), entendo que é unha proposta moi glamurosa e de fondo contido en lubricidade para cidadáns ben acomodados, como o ahora difunto victoriano reinoso que, según comentario popular, non soportou os embites e embates de ivonne reyes na virxinal cama do maría pita con vistas ó mar de riazor.
un día de estos cumpría abrir aquí nos vieros un debate acerca de como os nosos políticos gañan e gastan os cartos da comunidade. seguro que nos topábamos con máis eliot spitzer pátrios do que a algún ( e algunha, que hai moita esposa abnegada que cree que o seu paco esta a levantalo país ) lle gustaría. hasta me debe quedar no pen drive ou na xd que levo no bolso algunha foto de correrías en compaña de persoaxes públicos dende o magnífico osiris de valdeorras até o ateigado peinador vigo pasando polo outrora popularísimo huracán de benavente ou polo exquisito pigmalión da capital do reino.
pero non son os cartos investidos ou queimados na chingueta o que me preocupa nin o que debería despistar ós electores e contribuíntes. máis vergoñentos son os gastos, a todas luces inxustificabeis, cós que se premia a membros dos partidos o nomealos como cargos de " libre designación ", tales como asesores de presidentes de trasnoitadas deputacións ou de alcaldes de infumable traballo en ínfimos vilorrios. eso, acompañado do escándalo xa ben público e constatado, do famoso plus dos altos cargos, danos unha imaxe ben inmoral da actvidade política e da actuación mafiosa dos partidos que dicen representarnos e ser os alicerces de esta santa democracia.
son pois, éstas actitudes, a auténtica pornografía, a auténtica luxuria, a auténtica violación de homes, mulleres e nenos. e non hai grupo ou entidade que se salve. o entarimado da sociedade básase na corrupción, no roubo e no escalo. de ahí que me sinta sombrío pola inxente marea de férreos hooligans que acudiron a depositalo voto por toda esta manga de ladróns e aproveitados o pasado día nove.
prostitución? os nosos políticos sí que son putas. e carísimas, por certo, cun retorno de placeres e feitos nulos en absoluto para o cidadán.
e ana botella sen denunciar estes excesos, concentrada en salvar corpos e almas das moradoras da rúa montera !!!